CAMELIAS MASCOTAS

Os 18 platillos que podes degustar no VigoSeaFest

Onte arrancou a segunda edición do Vigo SeaFest no Náutico. Neste festival podes degustar 18 tapas elaboradas na súa maioría por cociñeiros e cociñeiras locais. O reto consistiu en preparar un platillo innovador co peixe que lles tocara a sorteo. Nós xa os estuvimos probando e podemos dicir que ben merecen a pena.

Morro Fino: Lampuga

Restaurante: Morro fino
Chef: Víctor Fernández

Saam é coreano e é a folla de leituga sobre a que van os filetes de lampuga marinados e empanados. Sobre o peixe unha maionesa de Kimchi (escabeche coreano), polvo de torrezno, cebollino e tiras de chile secas.

La Central Gastro: Gallineta

Restaurante: La Central Gastro. Praza da Constitución, 8
Chef: Neil Rodríguez

A Gallineta é un peixe moi parecido ao cabracho. Vai marinada nunha salsa de iogur especiada e vai empanada con tanco envolta nun pan de pita cun pepino encurtido e rúcula. Acompañado dun cuscús fresquiño que leva menta, cilantro e lima.

La Transtienda del Cuarto: Melva

Restaurante: La Transtienda del Cuarto. Rúa Pablo Morillo, 4
Chef: Jesús Méndez

Hamburguesa de melva manchada. A melva é un peixe da familia do atún, vai moi especiada leva curri, tomillo, enebro… acompañada dunha ensaladiña de col y cenoria e uns totopos con maionesa de jalapeño.

La Carpintería: Pez espada

Restaurante: La Carpintería. Rúa Alfolíes, 19
Chef: Elena Garmendia e Rafael Pérez

Bocadillo de peixe espada escabechado con unha maionesa de cacahuetes.

María Manuela: Rape

Restaurante: María Manuela. Praza de Compostela, 31
Chef: Jimena Meije e Pablo Rodríguez

Lomos de rape marinados previamente cun toque ahumado envoltos en masa brick con verduriñas e copos de alga maris que lle dá un toque cruxiente e sabor a mar. Tómanse como fingers con dúas salsas moi diferentes, unha reducción de cítricos e un pesto con maiz.

Patouro: Palometa roja macho

Restaurante: Patouro. Praza de M. Diego Santos, 3
Chef: Beni Couso

Empanada de palometa vermella macho en masa tradicional galega de millo e trigo. A empanada leva os ingredientes tradicionais cebola e pemento e engadíronlle chícharos que lle combinan moi ben.

Casa Rei: Jurel

Restaurante: Casa Rei. Paseo Jesús Durán Troncoso, 4
Chef: Carlos Grobas

Profiterol recheo dunha salsa de xurel con maionesa de wakame, tomate, vinagre de módena e froitos secos.

The Othilio Bar: Quenlla

Restaurante: The Othilio Bar. Rúa de Luis Taboada, 9
Chef: Carlos Rodal

Burrito de quenlla, que é unha variante de tiburón. Leva un sofrito mariñeiro a modo de guiso co peixe dentro da torta. Por riba leva pico de gallo, que é a vinagreta clásica mexicana, e un chorrito de lima que lle queda moi fresquiño.

Adegas das Caldas: Langostino

Restaurante: Adegas das Caldas. Av. das Caldas, 11 (Ourense)
Chef: Gerson Iglesias

Langostino en tempura crocante cunha sopa thai de tomates Grou que leva leite de coco, un pouco de picante, cebola tenra e un pouquiño de lima para que faga contraste de sabores.

Kero Cocina Peruana: Caballa

Restaurante: Kero Cocina Peruana. Rúa Castelar, 6
Chef: Juan Carlos Perret

Ceviche clásico de caballa, acompañado de cebola vermella, boniato glaseado, puré de agucate e maízes andinos. Vén acompañado con leite de tigre que o xugo do peixe con zume de lima.

Mijo Minibar: Bacalao

Restaurante: Mijo Minibar. Rúa de Luis Taboada, 18
Chef: Sofía Mariño e Jonathan Mota

Brandada  de bacallau en tempura de cervexa negra cun toque de tinta de calamar para que colla a cor carbónica. Vai dentro dun pan de bao esponxoso que non se fornea, acompañado duna maionesa de cebola, pepino encurtido e un chtney de tomate.

Hiroki Sushi Bar: Fletán Negro

Restaurante: Hiroki Sushi Bar. Paseo de Alfonso XII, 1
Chef: Fernando Joaquim de Sousa

Tres pezas de futomaki de fletan negro que vai en furai acompañado de aguacate, queixo crema e sésamo. E un rollito de primavera que leva o fletán por dentro, tres tipos de queixo e porro con maionesa picante por riba.

Niño Corvo: Sardina

Restaurante: Niño Corvo. Rúa de San Francisco, 13
Chef: Adrián Albino

O pan bao envolve a sardiña feita á prancha que previamente foi marinada en aceite con xenxibre, cardamomo e varias especias acompañada dunha crema de iogur con pepino e menta, unha cremita de pemento de padrón e un tomate concassé.

Puro Sushi: Merluza

Restaurante: Puro Sushi. Rúa Castelar, 8
Chef: Andrés Médeci

Croqueta de marisco con merluza aburi doradita con o soplete. Leva maionesa Kimchi e alga codium que acentúa o sabor do peixe.

Pintxoteca Mar: Gallo

Restaurante: Pintxoteca Mar. Rúa Sombrereiros, 6
Chef: Yago Valverde

É un saam que é coma un taco pero con leituga por debaixo. Enriba leva o rapante envolto en masa brick e frito con un pouquiño de tomate e cebola. Para rematar vinagreta de cinagre ou de limón a escoller polo cliente.

Lume de Carozo: Raya

REVISTA NOVEMBRO

Restaurante: Lume de Carozo. Rúa Joaquín Yáñez, 5
Chef: Raquel Ogando

O Taco Miñanco fusiona a cocina mexicana e galega. Taco dorado recheo de raia á galega e para darlle un toque de frescura leva guacamole e a opción de botarlle picante.

O Croque: Maruca

Restaurante: O Croque. Rúa do Pazo, 4
Chef: Celia Cabrera

Pizza de maruca con vexetais salsiña de mel, chili macerado e brotes por riba.