REVISTA ABRIL

18 tapas ‘made in Vigo’ para degustar no Vigo SeaFest

Hoxe foi o último acto de presentación do Vigo SeaFest, e tivo lugar no recén estreado Gastromercado do Berbés. O evento serviu para dar a coñecer as 18 tapas que poderemos degustar na zona do Náutico entre o 5 e o 8 de xullo.

O Gastromercado do Berbés leva un par de semanas aberto e hoxe serviu como sede para a derradeira presentación da 2ª edición do Vigo SeaFest, na que estiveron presentes os 18 chefs, coas súas respectivas tapas, que se van poder catar durante os días do festival.

Esta edición, moito máis ambiciosa que anterior, pretende facer protagonista ao producto do mar e dar a coñecer as excelencias desta materia prima galega. É un festival que xira en torno ao peixe, mesturando tradición e innovación. Algunhas destas novidades, ademais das xa comentadas da regata que manexaremos coa mente, as gafas de realidade aumentada ou o robot R4, serán a de fusionar porto e ría, facendo actuacións e degustancións en barco, e percorridos gratuítos pola ría.

REVISTA ABRIL

A maiores das 12 foodtrucks, poderemos probar calquera das 18 tapas elaboradas polos chefs seleccionados para esta edición, os cales, na súa maioría, son cociñeiros e cociñeiras locais. O reto que se lles propuxo foi o de realizar unha tapa innovadora e cuxo protagonista fora un producto marítimo, xa sexa merluza, bacallau, caballa, sushi, pepino de mar ou un cefalópodo.

Todo isto únese ás actividades xa comentadas, como as jam sessions e os diferentes concertos que terán lugar por toda a zona do Náutico. O domingo tamén contaremos coa visita dos Bolechas para alegraránlles o día aos nenos e nenas.

Desde o xoves 5 ata o domingo 8 tes unha cita ineludible na zona do Náutico de Vigo, con gastronomía, música e moitísimas máis actividades. Un festival distinto, inclusivo e sustentable con sabor a mar.