REVISTA ABRIL

‘Ons’ e ‘A illa das mentiras’ parten como favoritas dos XIX Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual desvelou na tarde de hoxe os filmes e profesionais finalistas que optan a algún dos 25 premios Mestre Mateo que a institución concede cada ano. Esta edición, a décimonovena, celebrarase de xeito presencial no Teatro Colón da Coruña o 10 de abril, cunha gala que poderá seguirse pola TVG.

Fotograma de ‘Ons’, película con máis nomeamentos nos Premios Mestre Mateo 2021.

Os Premios Mestre Mateo teñen este ano dúas claras favoritas: Ons, de Alfonso Zarauza, conseguiu 13 nomeamentos, mentres que A illa das mentiras, de Paula Cons, alcanzou 11. As dúas competirán polas estatuíñas a mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, guión, interpretación protagonista e de reparto, dirección de produción, maquillaxe e perruquería e montaxe. 

As oito candidaturas de El desorden que dejas e seis de Néboa, dan boa conta do estado de saúde da ficción seriada producida en Galicia; ámbalas dúas optarán ao premio á Mellor Serie de Televisión xunto con O Sabor das Margaridas finalista en tres categorías, e Auga Seca, finalista en dúas. A listaxe de obras con máis candidaturas finalistas complétano tres longametraxes: Arima, a ópera prima de Jaione Camborda, con sete, Lúa Vermella, dirixida por Lois Patiño con catro e 9 Fugas de Fon Cortizo, tamén con catro.

Para coñecer os gañadores deberemos agardar á gala de entrega de premios, que se celebrará o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña. A ceremonia será dirixida polo director teatral e actor Tito Asorey, presentada pola actriz e humorista Lucía Veiga e retrasmitida

Esta é a listaxe completa de nomeados nas diferentes categorías dos Premios:

MELLOR LONGAMETRAXE:
A illa das mentiras (Agallas Films, S.L., Historias del Tío Luis, S.L., Aleph cine, Take 2000 coa participación da Televisión de Galicia).
Arima (Esnatu Zinema coa participación da Televisión de Galicia).
Lúa Vermella (Zeitun Films e Amanita Studio coa participación da Televisión de Galicia).
ONS (Maruxiña Film Company e Bando Á Parte coa participación da Televisión de Galicia).

MELLOR DIRECCIÓN:
Alfonso Zarauza (Ons).
Fon Cortizo (9 Fugas).
Lois Patiño (Lúa Vermella).
Paula Cons (A illa das mentiras).

MELLOR GUIÓN:
Alfonso Zarauza e Jaione Camborda (Ons).
Carlos Montero, Javier Holgado Vicente e Andrés Seara (El desorden que dejas -Caps. 1-8).
Jaione Camborda (Arima).
Paula Cons (A illa das mentiras).

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCCIÓN:
Concha Fontenla (O Sabor das margaridas -Temporada 2-).
Lucía Baleato (A illa das mentiras).
Nati Juncal Portas (Lúa Vermella).
Tamara Soto (Ons).

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA:
Inma Cuesta (El desorden que dejas -caps 1-8-).
Isabel Naveira (Néboa, Cap. 1-8).
Melania Cruz (Ons).
Nerea Barros (A Illa das Mentiras).

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA:
Antonio Durán “Morris (Ons).
Darío Grandinetti (A Illa das mentiras).
Monti Castiñeiras (A lei de Santos -Caps.1-7).
Tito Asorey (Arima).

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO:
Isabel Garrido (El desorden que dejas -caps. 1-8).
Lidia Veiga (A lei de Santos -Caps. 1-7).
Marta Lado (Ons).
Victoria Teijeiro (A Illa das Mentiras).

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO:
Josito Porto (Arima).
Milo Taboada (A Illa das Mentiras).
Tamar Novas (El desorden que dejas, Cap. 1-8).
Xúlio Abonjo (Ons).

MELLOR DOCUMENTAL:
A Media Voz (Matriuska Producciones, Perspective Films, PCT Producciones, Producciones de la 5ta avenida).
Dorothé na Vila (Alejandro Gándara, con coprodución da Deputación da Coruña).
Nación (Nós, Productora Cinematográfica Galega, S.L. coa participación da Televisión de Galicia).
Nación De Muchachos: Utopía o Muerte (Vizuals Lab coa participación da Televisión de Galicia).

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN:
Carne (Abano Producións, S.L.).
Kleiner Lügner (Pequeno Mentireiro) (David Saborido).
Night Keeper (Escuela de Imagen y Sonido de Vigo -EISV).
Reality (David Fidalgo Omil).

MELLOR CURTAMETRAXE DE IMAXE REAL:
La Penumbra (Eye Slice Pictures, Lorena Hidalgo Aguirre e Gaita filmes).
Mentres iso Pasa (Nacho Ozores).
Non me espera ninguén (Ensenada de Ézaro Films, S.A.).
Xoves de Comadres (Islandia Producciones).

MELLOR PROGRAMA TV:
Cinephilia (Capítulos 20-52) (Noveolas Producciones e Telemiño).
Cos pés na terra (Capítulos 109-121) (Filmax -Produccións A Fonsagrada, S.L.- para a Televisión de Galicia).
Os Castros (Capítulos 1-7) (Televisión de Galicia).
Segredos, desmontando Galicia (Capítulos 7-15) (MBC Servicios Audiovisuales para a Televisión de Galicia).

MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN:
Auga seca (CAP. 1-6) (Portocabo, Televisión de Galicia, Spi, RTP).
El desorden que dejas (CAP. 1-8) (Vaca Net TV SLU, Netflix Estudios Internacionales LLC).
Néboa (CAP. 1-8) (RTVE e Voz Audiovisual).
O sabor das margaridas (Temporada 2) (CTV, S.A. e Comarex coa participación da Televisión de Galicia).

MELLOR SERIE WEB:
Amnesia 3.0 (CAP. 1-3) (Carballo Interplay e Produtora Absurda).
Doc Way: Camiño Portugués (CAP. 1-4) (Que+ver).
Mataría (CAP. 1-30) (Dinamo Producións e Javi Sega).
Xan (CAP. 1-3) (Lucía Estévez e Miguel Canalejo).

MELLOR VIDEOCLIP:
Dark Sienna, Roger&Brian Eno (Juan Lesta).
Illas de sal, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Xabier Díaz Carro).
Muinheira de interior, Boyanka Kostova (Xaime Miranda).
Who Will Save Me?, Aparato (Aparato).

MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO:
Aquí facémolo así (Congo Producciones Audiovisuales y gráficas, S.L.).
Desde o mar (Juan Galiñanes e Kaito Estudios).
O rural vive (Wecom, Marga Pazos e Lucas Terceiro).
Vivamos como galegos (Congo Producciones Audiovisuales ygráficas, S.L.).

MELLOR COMUNICADOR/A DE TELEVISIÓN:
Alba Mancebo (Os Castros, Caps. 1-7).
Roberto Vilar (Land Rober Tunai Show, Caps.183-211).
Rodrigo Vázquez (Quen anda aí?, Caps. 1-149).
Simone Saibene (Cinephilia, Caps. 20-52).

MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE:
Alexandra Fernández (Néboa -Capítulos 1-8).
Antonio Pereira (A illa das mentiras).
Elia Robles (Ons).
María Lolo (Arima).

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:
Alberte Branco (AEC) (Ons).
Javier Álvarez (9 Fugas).
José David Montero e Suso Bello (AEC) (Néboa -Capítulos 1-8-).
Lois Patiño (Lúa Vermella).

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA:
María Illobre e Lorena Calvo (O sabor das margaridas -temporada 2).
Raquel Fidalgo e Noé Montes (néboa -caps. 1-8-).
Raquel Fidalgo e Patricia Vilela (A Illa das Mentiras).
Susana Veira e Beatriz Antelo (El desorden que dejas -Caps. 1-8).

MELLOR MONTAXE:
Fernando Alfonsín (Ons).
Juan Galiñanes, Lu Rodríguez e Mario Maroto (El desorden que dejas -Caps. 1-8-).
Julia Juaniz (A Illa das mentiras).
Lucía Estévez (Dorothé na Vila).

MELLOR MÚSICA ORIXINAL:Elba Fernández e Xavi Font (auga Seca, Cap. 1-6).
Mercedes Peón (nación).
Orquestra Fugaz de Improvisación (9 Fugas).
Sergio Moure de Oteyza (A galiña Turuleca).

REVISTA ABRIL

MELLOR REALIZACIÓN:
Jose Villaverde (Land Rober Tunai Show, Caps. 183-211).
Marcos Estebo, Diego Guerrero e Mónica Ares (cos Pés Na Terra, Caps, 109-121).
Marta Arévalo Pita (Quen Anda Aí?, Caps.1-149).
Pablo Fontenla e Sito Torres (A miña familia pola túa, Caps. 1-8).

MELLOR SON:
David Machado e Alejandro López (el Desorden Que Dejas -caps.1-8-).
David Machado, Eloy Táboas e Marco Maril (9 Fugas).
David Machado e Javier Pato (Arima).
Sérgio Silva e David Machado (Ons).

MELLOR VESTIARIO:
Alicia Dapena e Lola Dapena (Ons).
Aránzazu Domínguez e Yolanda Peón (Néboa, Caps.1-8).
Eva Camino (A illa das Mentiras).
Renata Uzal (Arima).