“Olvídalo” e baila: Tony Lomba e Elio dos Santos presentan o seu novo tema en directo
Os reis da música lixeira están de volta. Como cada ano por estas datas, o dúo formado por Germán Fandiño e Eladio Santos, coñecidos como Tony Lomba e Elio dos Santos reunirá a decenas de fieis na Fábrica de Chocolate, este ano repartido en dúas xornadas: o xoves 26 e venres 27.
Despois de estar todo o ano cos seus respectivos proxectos, Tony Lomba e Elio dos Santos xúntase para dar renda solta ás súas inquedanzas máis estrafalarias e musicais cun repertorio que eles definen como música lixeira. Para esta data sinalada os dous artistas preparan cada ano un tema novo, o deste ano leva por título “Olvídalo” e, aínda que xa está en Youtube, poderemos escoitalo por primeira vez en directo o xoves 26 e venres 27 na Fábrica de Chocolate.
Falamos cos dous artistas unhas horas antes da gran cita: