VIALIA
REVISTA MARZO

O reencontro de Tony Lomba e Elio dos Santos con Heredeiros da Crus

A deste venres non será a única vez que o dúo vigués e a banda de Ribeira compartan escenario. Aínda que cinco meses máis tarde do planeado, por fin vai ter lugar o ansiado reencontro, xa que Tony e Elio telonearon aos Heredeiros no seu último concerto en terras viguesas, a mediados dos 90.

Os Heredeiros da Crus, con Tonhito de Poi no centro

O grupo de rock en galego referencia volve a Vigo despois de dúas décadas, que se di pronto. Vinte anos nos que tiveron tempo a separarase, reunirse de novo e realizar proxectos en solitario. Por se fora pouco, dáse a casualidade de que a última actuación dos de Ribeira na nosa cidade, concretamente en Bouzas, tamén estivo teloneada por Tony Lomba e Elio dos Santos, daquela Los Tres Sudamaricones. “Nós normalmente non viamos aos que tocaban antes ca nós, porque estabas nervioso ou bebendo, simplemente. Pero con eles estabamos alí diante, flipando”, comenta Tonhito de Poi, fundador dos Heredeiros.

Banner A Movidiña

Para el son verdadeiros referentes no que respecta ao espectáculo enriba dun escenario: “Eu teño discos de Los Tres Sudamaricones. Son moi moi fan, son uns artistas como a copa dun pino. Admíroos profundamente.” De feito, no histórico concerto de Heredeiros en Castrelos en 1994, Tony Lomba exerceu de stripper. “Non se me vai esquecer na vida”, finaliza Tonhito.

Coa mesma admiración falan Tony Lomba e Elio dos Santos dos de Ribeira. De feito, Eladio sinala que a el non lle gustaba a música dos Heredeiros ata que os viu en directo “Quedemime flipado co seu espectáculo. Desde ese momento fíxenme fan deles”, explica o músico vigués.

Para darlle máis expectación aínda, os Herdeiros da Crus retaron a Abel Caballero a cantar con eles o clásico de Leonard Cohen Hallelujah, reto que aínda non está claro se o Alcalde aceptou. Poder escoitar nunha mesma noite hits do calibre de Vaya tío, Ay Yoli Yoli, Que jallo é! ou Eu quero josar si que é o máis jrande.

(GMT+01:00) Porta do Sol