CAMELIAS MASCOTAS

O Vigoseafest se suspende e outros festivais están no limbo

Arvi anuncia a suspensión do festival Vigo Seafest ata o verán de 2021 porque nestes momentos debe prevalecer o garantir a actividade e futuro dos seus asociados. Cáese do calendario un dos principais festivais da cidade e outras grandes citas como O Marisquiño barallan cambiar de datas.

Imaxe dunha das anteriores edicións do Vigo Seafest no Náutico.

O futuro dos grandes eventos en Vigo e na súa área está no aire. A crise creada tras decretarse o estado de alarma afecta a todos os eventos culturais que ían ter lugar nestas datas. Onte coñecimos que o Vigo Seafest cancelaba a súa celebración neste 2020 e a pospuña ao 2021 para garantir a calidade do festival e agora poder centrarse en axudar aos seus asociados.

A semana pasada tamén coñecíamos que o Festival de Cans incialmente previsto para a fin de semana do 19 ao 23 de maio foi posposto do 2 ao 5 de setembro. Ante a incertidume de o que vai acontecer nos vindeiros meses moitos festivais están xa barallando novas datas como é o caso de O Marisquiño, previsto para o mes de agosto.