UVIGO
FILLOAS

A Orquestra Vigo 430 suspende o seu Ciclo de Outono

Dada a situación actual coa crise sanitaria da Covid19, a Orquestra Vigo 430 decidiu cancelar o que quedaba do Ciclo de Outono, que abarcaba os últimos meses deste ano 2020. A dirección da agrupación xa está buscando novas datas para poder levar a cabo estes concertos.

A OV430 acordou hai semanas adiar o concerto correspondente ao presente mes de novembro. O mesmo, A música de cámara de Beethoven, coa participación da violinista Lir Vaginsky, estaba previsto para o pasado día 17, e formaba parte do Ciclo de Outono, unha programación que abarcaba os últimos meses deste ano. Agora, a Orquestra Sinfónica Vigo 430, acordou aprazar tamén o concerto correspondente o próximo mes de decembro.

Almudaina – Concerto para dúas guitarras flamencas de Cuchús Pimentel, estaba enmarcado tamén dentro do Ciclo de Outono. Adiando ambos compromisos, a OV430 da por suspendido o Ciclo, do que soamente leváronse a cabo dous concertos: Beethoven e Chopin, no mes de outubro, e Johann Sebastian Bach o pasado mes de setembro.

Pese a que segue a ser posible celebrar eventos, a situación esixe que neste momento os aforos sexan tremendamente reducidos. A OV430 apostou durante os últimos meses por seguir facendo concertos, todos eles coas medidas de prevención pertinentes seguindo os distintos protocolos, mais nesta ocasión, tendo en conta o preocupante das cifras da pandemia estas últimas semanas, consideran que a decisión máis sensata é a de esperar.

CAMELIAS NADAL

A dirección da OV430 non considera correcta nin positiva a cancelación de concertos, polo que xa traballa en buscar novas datas nas que poder desenvolver A música de cámara de Beethoven e Almudaina – Concerto para dúas guitarras flamencas de Cuchús Pimentel; reanudará a súa actividade cando as circunstancias permitan facelo, con tódalas garantías.