VIALIA
bannerPicnicSesions

O restaurante vigués Patouro gaña a Mellor Tapa no MUFF

Tras catro días nos que a gastronomía e a cervexa foron os protagonistas, xa coñecemos o podio dos vencedores á Mellor Tapa (con Patouro á cabeza) e o gañador á Mellor Tiraxe e Cata. O Mahou Urban Food Festival volve consolidarse como unha das citas gstronómicas de referencia na nosa cidade.

Foto cos tres restaurantes vencedores desta edición do MUFF, todos eles vigueses

Despois da súa repentina cancelación o 17 de abril, volveu o Mahou Urban Food Festival (MUFF), antes coñecido como ‘Mercado de Sabores’. Arredor de 10.000 persoas se pasaron por este evento organizado por Mahou, que converteu a Vigo na capital gastronómica por catro días cun concepto que uniu cervexa, gastronomía e música, esta vez no hall do auditorio Mar de Vigo.

Doce foron os establecementos participantes no concurso deste ano, que contou coas tapas de Intenso (A Coruña), A Horta do Obradoiro (Santiago), Manolo Mañanitas (Cangas), Regato (Redondela), Taberna Atlántica (Vigo), Mijo (Vigo), María Manuela (Vigo), Garden (Vigo), Pintxoteca Mar (Vigo), La Carpintería (Vigo), Patouro (Vigo) e Adega das Caldas (Ourense).

REVISTA ABRIL

Os encargados de facer bailar e cantar aos asistentes foron Sofía Ellar (xoves 23), Broken Peach (venres 24), Smile (sábado 25) e as sesións dos DJ’s locais DJ Edu Romero, DJ Bruno BAW (Mondo Club e Radar Estudios) e DJ Chuti (Calma Chicha).

O primeiro posto foi para o restaurante Patouro (Vigo), coa súa tapa “Génesis”, cuxos ingredientes principais son: ourizo, ramallo de mar, nata, cebola, allo, pemento moído, pemento, sémola de trigo, tapioca, pataca e limón. O segundo foi para Mijo (Vigo), co seu “Pepito Pig”, unha reinterpretación do cocido, con cacheira curada e salgada, rabo de porco, unto, carne de tenreira, pito, costela de porco, lacón, touciño, garavanzos, pataca, chourizo e repolo. Por último, a medalla de bronce foi para o restaurante Pintxoteca Mar (Vigo) pola “Caza de Alambraba”, que leva sangacho de atún, miso vermello, foue de pato, nabo, caldo dashi e viño tinto. No concurso de tiraxe o Premio ao Mellor Tirador foi para David Fernández, do restaurante María Manuela.

O xurado nesta edición estivo composto por Carlos Maribona, crítico gastronómico de ABC; Rafa Centeno, chef do restaurante Estrella Michelin Maruja Limón; Marta Valcarce, blogger gastronómica viguesa e Olga Galán, xefa de estudos da Escola de Hostalería de Vigo.