REVISTA ABRIL

O Mahou Urban Food Festival queda cancelado ata novo aviso

O antigo Mercado de Sabores de Mahou, agora rebautizado como MUFF (Mahou Urban Food Festival) e que ía celebrarse entre o 25 e o 28 de abril na Estación Marítima, queda cancelado por causas alleas á organización.

REVISTA ABRIL

Imaxe da edición pasada na Estación Marítima | Bea Barros

Estábamos a contar os días para a chegada deste evento gastrónimo. Desgraciadamente vamos ter que esperar. A organización anuncia que, por causas alleas, vense obrigados a cancelar esta cita coa esperanza de poder anunciar unha nova data en breve.

O Mahou Urban Food Festival (MUFF), antes ‘Mercado de Sabores’, quería converter a Vigo na capital gastronómica de Galicia durante os catro días que duraría o evento cun concepto que une cervexa, gastronomía e música.

Doce establecementos participantes para a concurso de tapas, ademais das showcookings de cociñeiros como Lucía Freitas ou Rafa Centeno, os cursos de tiraxe, catas ou as actuacións de Broken Peach e Escuchando Elefantes formaban o cartel deste festival. Esperaremos ansiosos ao anuncio dunha nova data.