CASAACUNHA

O Mar de Vigo acollerá o Mahou Urban Food Festival do 23 ao 26 de maio

Xa hai lugar e datas para o Mahou Urban Food Market despois da súa cancelación: o hall do Auditorio Mar de Vigo os días 23, 24, 25 e 26 de maio. Estará repleto de chefs de primeiro nivel, showcookings, música, catas, obradoiros e moitas máis actividades.

Imaxe da pasada edición na Estación Marítima | Bea Barros

Despois da súa repentina cancelación o 17 de abril, volve o Mahou Urban Food Festival (MUFF), antes ‘Mercado de Sabores’, que se celebrará no hall do Auditorio Mar de Vigo desde o día 23 ata o 26 de maio en horario de mañá (de 12 a 16:30) e tarde (de 20:00 a 00:00), o xoves; de 20:00 a 01:00, o venres e o sábado de 18:30 a 22:30, o domingo. O evento, organizado por Mahou, converterá a Vigo na capital gastronómica por catro días cun concepto que une cervexa, gastronomía e música.

Doce serán os establecementos participantes no concurso deste ano, que contará coas tapas de Intenso (A Coruña), A Horta do Obradoiro (Santiago), Manolo Mañanitas (Cangas), Regato (Redondela), Taberna Atlántica (Vigo), Mijo (Vigo), María Manuela (Vigo), Garden (Vigo), Pintxoteca Mar (Vigo), La Carpintería (Vigo), Patouro (Vigo) e Adega das Caldas (Ourense). O ano pasado o prezo por petisco era de 2,50€.

Algúns dos mellores cociñeiros galegos, de restaurantes con Estrela Michelin, ofrecerán showcookings nos que público terá un papel protagonista. Lucía Freitas de A Tafona; Rafa Centeno e Inés Abril de Maruja Limón e Luís Veira de Árbore da Veira, mostrarán en directo o venres 24, o sábado 25 e domingo 26, respectivamente, as mellores técnicas culinarias coa participación do público ao que, ademais, ofrecerán unha degustación das tapas preparadas.

Banner A Movidiña

A esta oferta súmanse as exhibicións diarias de tiraxe nas que poderá participar o público asistente gratuitamente e o ‘Concurso de Tiraxe e Cata’ do domingo 26, que se celebrará entre os establecementos asistentes. Ademais, como novidade nesta edición, existirá un espazo experiencial no que os asistentes poderán degustar unha ampla variedade da gama de cervexas de Mahou.

No apartado musical, destacan as actuacións de Sofía Ellar (xoves 23), Broken Peach (venres 24), Smile (sábado 25) e as sesións dos DJ’s locais DJ Edu Romero, DJ Bruno BAW (Mondo Club e Radar Estudios) e DJ Chuti (Calma Chicha). Os concertos serán a partir das 22:30 e de balde.

Outra das novidades deste ano será a zona de talleres gratuítos de customización téxtil, fotografía gastronómica, Body Paint, UpCycling ou skate. Esta zona, na que non faltarán as catas de cervexa, estará aberta ao público durante todo o horario de apertura do MUFF.

(GMT+01:00) Mar de Vigo