CAMELIAS MASCOTAS

O Galician Freaky Film Festival convoca un concurso de cómic inspirado en Freddy Krueger

O evento de cinema e cultura freak de Vigo, Galician Freaky Film Festival, convoca a segunda edición do seu Concurso de Banda Deseñada, que este ano está inspirado en A Nightmare on Elm Street, o icónico filme protagonizado por Freddy Krueger. A oitava edición do GFFF terá lugar os días 20 e 21 e do 25 ao 28 na Praza Elíptica.

 Baixo o título Benvidos a Vigo Street o Galician Freaky Film Festival convoca a segunda edición do seu concurso de banda deseñada, buscando repetir a boa participación do ano pasado e ensalzar o formato cómic, habitual na cultura freak, que implica altas capacidades técnicas e creativas por parte dos autores. O prazo de presentación de obras está aberto ata o 31 de xullo a través dun formulario dispoñible na web do Galician Freaky Film Festival.

REVISTA NOVEMBRO

Nesta segunda edición do concurso, a premisa de partida proposta polo GFFF é o filme A Nightmare on Elm Street. Estreado hai 40 anos e protagonizado por un dos personaxes máis carismáticos e recoñecibles do cinema de terror, Freddy Krueger, quen poboou os pesadelos de varias xeracións a base de asasinar adolescentes de xeitos cada vez máis tolos. Ademais de inspirar o concurso A Nightmare on Elm Street será proxectada na xornada de apertura festival, o 20 de setembro nos Cines Tamberlick da Praza Elíptica.

O GFFF propón aos participantes trasladar este mundo de terror e pesadelos a Vigo. O autor debe situarnos inequívocamente na nosa cidade e, preferiblemente, desenvolver unha historia de terror que sexa autoconclusiva. As obras deben constar de tres os catro páxinas, poden ser a color ou branco e negro e poden estar escritas en galego ou castelán. As bases completas están dispoñibles na web do festival.

Os gañadores serán decididos por un xurado composto por tres profesionais do mundo da banda deseñada, que seleccionará tres premios e dous accésits. O primeiro premio está dotado con 300 €, o segundo e terceiro con 150 € e os accésits cun lote de productos de Planeta Cómic. Ademais, todo os premiados recibirán exemplares dun fanzine, editado e repartido polo festival, no que se incluirán os seus traballos.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.