REVISTA ABRIL

O Galician Freaky Film Festival lanza un concurso online de microcurtas

O Galician Freacky Film Festival convida tanto a profesionais do audiovidual como a afeccionados a partipar no concurso de microcurtas ‘Curta ou susto’. As pezas deben ter máximo 30 segundos de duración e teñen que causar no espectador un forte arrepío. Os mellores traballos serán proxectados na treceira edición do festival que terá lugar do 28 ao 31 de outubro.

REVISTA ABRIL

A pesares da gran paralización que están a sufrir a meirande parte das actividades culturais a causa da pandemia, a organización do Galician Freaky Film Festival lanza unha convocatoria para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, co fin de que poñan en forma o seu músculo creativo.

Para iso lanza o concurso Curta ou Susto no que se poderá participar ata o 30 de maio, con obras dun máximo de trinta segundos (sen ter en conta a duración dos créditos finais) nos que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores. Para facer chegar á organización os traballos haberá que utilizar as redes sociais. Os participantes terán que publicar o seu vídeo incrustado nas súas propias contas de Facebook, Instagram ou Twitter, seguir nesa mesma rede ao GFFF, utilizar o hashtag CurtaOuSusto e ademais etiquetar ao festival. Pódense consultar as bases completas na web do festival. Os mellores traballos proxectaranse na #3 edition do Galician Freaky Film Festival que polo momento mantén as datas iniciais e celebrarase do 28 ao 31 de outubro de 2020.

Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis a sala Videodrome e a cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. O mellor do peor da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo.