CAMELIAS MASCOTAS

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo abre o seu prazo de recepción de filmes

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo que se celebrará do 13 ao 17 de outubro acaba de abrir o prazo de recepción de curtametraxes, longametraxes de ficción, webseries e documentais ata o 24 de xullo.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o IV Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. Ábrese o prazo de admisión de curtametraxes e documentais desde o 17 de abril ao 24 de xullo de 2020.

REVISTA NOVEMBRO

Nesta edición darase maior puntuación na selección a todos aqueles audiovisuais a concurso nos que se axude a coñecer e valorar o traballo dos profesionais da sanidade e os servicios sociais. Desde a organización queren sumarse á sociedade galega, española e mundial na súa homenaxe á sanidade e os servizos sociais pola crise do COVID-19.

A temática das curtametraxes é totalmente libre, puidendo ser tanto de ficción como de non-ficción. No caso dos documentais, as longametraxes de ficción e as webseries a temática xirará en torno á inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a rodea.

A duración máxima das obras presentadas será de 25 minutos no caso das curtametraxes e de 120 minutos cando se trate de longametraxes de ficción e documentais (títulos de crédito incluidos en ámbolos dous casos). A inscrición é de balde. As obras que se presentan serán realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019. As bases poden consultarse na web do Festival hhttp://www.festivalcinevigo.es/ ) e o facebook (FestivalCineInclusivo). As obras inscribiranse enviando en formato dixital a través do correo electrónico a films@festivalcinevigo.es