VIALIA
bannerPicnicSesions

Ábrese o prazo para participar no VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva anuncia o período de admisión de curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e webseries, para a sexta edición do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, desde o 15 de abril ata o 25 de xullo. As pezas presentadas poderán ser en calquera lingua e de calquera nacionalidade.

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) celebrará do 12 ao 16 de outubro o VIIFF 2021 (Vigo International Inclusion Film Festival). Con cinco exitosas edicións ás súas costas, a asociación continúa co seu o obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte.

REVISTA ABRIL

Desde o 15 de abril ata o 25 de xullo poderán enviarse curtametraxes, longametraxes, webseries e documentais, en calquera idioma e de calquera nacionalidade, en soporte dixital. No caso de que o idioma non sexa galego ou español, deberán incluírse subtítulos nalgunha destas dúas linguas. A temática é libre para as curtametraxes; mais para documentais, longametraxes e webseries a temática debe xirar arredor da inclusión. Así, o festival confórmase como unha vía de difusión para todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural.

A duración máxima, incluíndo os títulos de crédito, será de 25 minutos no caso das curtametraxes e de 120 minutos no de documentais e longametraxes de ficción. As obras deben estar realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Entre os criterios non indispensables que valorará positivamente a organización está a inclusión de subtítulos e audiodescrición para persoas con dificultades auditivas ou visuais.

As bases pódense consultar na web do Festival, premendo aquí, onde tamén é posible inscribirse. A inscripción é de balde.