VIALIA
bannerPicnicSesions

O Farol, pizzas das Rías Baixas

Beber unha cañas e comer unhas pizzas é un plan que a ninguén lle pode caer mal. Se ademáis é no centro de Vigo e a decoración do local invita a desfrutalas sen prisa, estamos falando dun plan redondo. Isto é o que ofrece O Farol, unha pizzería e cervexaría que Noel Agulla abriu en 2019, collendo o testigo do famoso pub dos sus pais en Bueu.

Ben preto de Vigo, en Bueu, naceu a receita das pizzas d’O Farol, un negocio que leva ofrecendo este prato desde 1983 e que agora continúa Noel Agulla cun local situado na Praza de Compostela da nosa cidade. O dos pais de Noel comezou sendo un negocio no baixo da casa familiar que botou a andar “sen ter nin nome. Foi a xente quen llo puxo porque había un farol antigo na porta”, conta Agulla. Pese a isto, a idea era ambiciosa para un bar nunha vila: unha taberna semellante aos pubs, onde se mesturase a tradición galega con aires ingleses. O rasgo distintivo desde o principio d’O Farol de Bueu foi a variedade de cervexas, “eran os únicos cunha billa de cervexa negra”, e o bo ambiente que se respiraba no local, que contaba con música en directo habitualmente.

Non foi ata un ano despois que empezaron a ofrecer pizza como tapa coa consumición. O herdeiro conta que os seus pais tiñan que explicarlle á clientela que era aquilo cando comezaron , pero en pouco tempo conseguiron transformar o descoñecemento en éxito, converténdose en lugar de referencia para gozar deste alimento en Galicia nunha versión caseira ao 100 %, que agora Noel ofrece tamén en Vigo.

As pizzas deste lugar están a medio camiño entre as arxentinas e as italianas. A masa non chega a ser fina, pero si que é crocante, alveolada e compensada co resto de ingredientes. Proba de que o manxar italiano por excelencia admite variantes de calidade fóra da tradición estrita. Sérvense en tres tamaños diferentes e na carta atopamos receitas clásicas, como a calzone de xamón e champiñóns, entre outras máis atrevidas, como a de lacón con grelos «e unha migalla de chourizo», ou a de polbo, un ingrediente que Noel cre que foron os primeiros en colocar sobre unha base de pizza. Ademais ofrecen a posibilidade de pedilas con masa sen glute ou queixo sen lactosa, converténdose nun dos poucos locais nos que os intolerantes poden gozardo manxar italiano sen preocupacións.

Aquí o mellor plan é achegarse con amigos unha tarde de cañas, pois ademais de pizzas, o local ofrece unha interesante variedade de cervexas, con máis de trinta referencias locais e internacionais, tanto en botella como en barril. O menú complétase cunha carta de tapas para compartir, entre as que teñen moita popularidade a táboa de patacas fritidas con seis salsas ou o guacamole.

O plan vese envolto pola atmosfera do establecemento, cunha coidada decoración de estilo pub inglés, con mobles vintage e moitos elementos decorativos que lle achegan unha personalidade única. “Cada bar ten o seu propio carácter, que inflúe á hora de facer amigos e atopar a túa clientela”, explica o hostaleiro.

Bo proveito!

REVISTA ABRIL

Praza de Compostela, 36
986 11 41 42
IG: @ofarolvigo
FB: O Farol Vigo

Podes ver aquí a carta

Horario:
Xoves 19:30 – 23:00
Venres 19:30 – 24:00
Sábado e domingo 13:30–16:00 e 19:30–24:00


The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.