VIALIA
bannerPicnicSesions

O extraordinario concerto de Rick Astley no Auditorio de Castrelos

O abarrotado Auditorio de Castrelos réndese aos pés de Rick Astley. Estivemos ante un dos mellores concertos da tempada xa sexa grazas á súa proximidade co público como o seu impoluto chorro de voz. Parece que a cincuentena non prexudicou a Rick Astley quen segue mantendo unha voz propia da música negra.

A ritmo de This old house o cantante británico daba comezo a unha velada inesquecible xunto á súa banda coa que mantivo durante todo o concerto agradecementos, bromas e mostras de agarimo. As luces moradas, brancas e azuis creaban un ambiente cálido que ademais, permitía ver mellor ao cantante. Nada máis empezar o concerto Rick Astley chanceaba cos seus fans de primeira fila que reunían numerosas pancartas e fotografías do artista cando era xoven.

Tras un inicio espectacular, Rick Astley conseguiu que todo o público bailase e cantase ao son do mítico tema Together Forever. O artista conseguiu manter o ritmo festivo durante as dúas horas de concerto co seu elegante esmoquin que non impediu que bailase e gozase. Un concerto que repasou a ampla discografía de Astley con cancións como Beautiful Life, do seu último álbum homónimo ou Whenever You Need Somebody que dá nome ao mesmo álbum que recolle clásicos do cantante como os xa mencionados.

Nas transicións de cancións Astley parábase a falar co público, estivo en constante diálogo con todos e non paraba de facer mostras de agradecemento aos seus fans. A humildade do británico viuse reflectida na súa actitude tanto cos miles de seguidores que había en Castrelos como cos membros da súa propia banda. Non só regaloulles un minuto de gloria a cada un deles senón que ademais deu pé a que fosen os protagonistas do escenario deixando que cantasen eles sós.

REVISTA ABRIL

Rick Astley marabillado co viño branco que lle puxeron e coa cidade, non cesaba en dicir que esperaba poder volver tras a tremenda acollida que recibiu no Auditorio de Castrelos. Tamén tivo tempo de facer algunhas versións de temas actuais como Giant de Calvin Harris ou Shotgun de George Ezra, curiosamente versións de voces moi escuras como a súa.

Case para rematar, comezou a capela un aclamado Never Gonna Give U Up que puxo a todos os presentes no auditorio a bailar, cantar e gozar. Como broche final o británico púxose ao mando da batería e finalizaron o concerto co clásico de AC/CD Highway to hell.

A expectación dun público que non sabía como se ía a atopar ao británico 30 anos despois e os nervios de quen levaba facendo cola para estar aos pés do escenario, foron tranquilizados por un espléndido e impoluto concerto. Rick Astley deixou a todos boquiabertos e o listón moi alto para os concertos que lle proseguen. Esperamos que as súas ansias de querer volver á cidade de Vigo se cumpran e podamos gozar doutro concerto máis, xa que este fíxose canto menos curto.

The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.