CAMELIAS MASCOTAS

O alumeado do Nadal estará acendido ata o 13 de xaneiro

Esta semana anunciose que as luces do Nadal permanecerán acesas ata o próximo domingo 13 de xaneiro. Día no que terá lugar un apagado solemne con concerto incluido na Porta do Sol para dicir así adeus, para ben ou para mal, ao Nadal máis rechamante da historia da cidade.

REVISTA NOVEMBRO

Un dos elementos decorativos deste Nadal na Porta do Sol | Pablo V.

Esta mañá Abel Caballero comunicou aos medios a decisión de manter o alumeado do Nadal ata o domingo 13 de xaneiro, según el por petición dos comerciantes e cidadáns. Ademais, esa fin de semana coincide coas famosas rebaixas de xaneiro, polo que se prevé que o centro da cidade estará repleto de xente. O autobús turístico, outro dos éxitos deste Nadal, tamén permanecerá activo ata o domingo.

Como novidade, este ano realizarase un apagado do alumeado na Porta do Sol, un “apagado solemne” segundo o Alcalde, coa actuación da banda Broken Peach. Este Nadal a banda está a ter moito traballo tras as súas actuacións en A Laxe, Salón Regio ou a inauguración das luces de El Corte Inglés. O concerto comezará ás 19:00 e o acto do apagado será sobre as 20:00, cando moitos dos comercios da zona centro pechen.

Desta forma, o Alcalde quere que se converta en tradición o acendido das luces o cuarto sábado de novembro e o apagado o segundo domingo de xaneiro, alongando así o Nadal durante mes e medio. Aos seus ollos, “unha maneira de recuperar unha festa tradicional dunha forma moderna e distinta”. O próximo luns 7 de xaneiro realizará unha rolda de prensa na que fará balance, económico e social, destas festas que están a piques de rematar.