O deslumbrante Nadal de Vigo arranca este sábado
Tras a confirmación oficial de que o sábado 24 non se vai cancelar o acendido do alumeado por causas meteorolóxicas, Vigo se prepara para o inicio do Nadal máis luminoso da súa historia.
Unha dúbida percorría a cidade estes días pero xa está esclarecida: salvo sorpresa, o acendido do alumeado do Nadal será este sábado 24 ás 21:00 na Porta do Sol,. Así o confirmou o Alcalde varias veces esta semana, deixando claro que o mal tempo non vai botar atrás o gran evento deste Nadal, a pesar de que debido ás causas meteorolóxicas o evento tivo que ser atrasado das 19:30 ás 21:00. Un Nadal ben precoz, por certo, que este ano comeza a un mes da Noiteboa.
Prevendo a gran afluencia de público, o Concello instalará sete pantallas de gran tamaño para que ninguén se quede sen ver o espectáculo luminoso. Estas pantallas estarán repartidas pola Porta do Sol, Casa das Artes, no Cruce de Colón con Policarpo Sanz, na Farola de Urzáiz, no cruce de Príncipe con Velázquez Moreno, no de Urzáiz con Lepanto e na rotonda de Rosalía de Castro. Un despliegue nunca visto con anterioridade. Tamén se confirmou que haberá unha zona habilitada, moi preto da árbore, para persoas con discapacidade física.
Como é lóxico, haberá unha serie de medidas especiais no tráfico da cidade. O peche da circulación será progresiva, os cortes de tráfico comezarán ás 16:30 entre Porta do Sol e rúa Reconquista (Teatro García Barbón), para continuar sobre ás 17:00 horas co peche da contorna da Farola e ás 17:30 na Rúa Lepanto. Ás 18:00 horas toda a zona de influencia do alumeado navideño estará cortada, incluídos os aparcamentos de Velázquez Moreno, Policarpo Sanz, Colón e Uruguay, dos que non se poderá saír ata as 22:00 horas.
Desde o 25 de novembro ata o 6 de xaneiro haberá cortes de tráfico todos os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00 e as 22:00 horas no Paseo de Alfonso e Elduayen (descendente), na Porta do Sol e no carril de Colón ata República Arxentina (tráfico ascendente polo carril bus).
Ademais das luces, desde o Concello teñen preparada unha ampla variedade de actividades para este Nadal: un tren de Nadal que estará situado na praza do Progreso, o tío vivo da Porta do Sol, zona de neve e pista de patinaxe no Náutico, Belén e poboado de Nadal na Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura, respectivamente, a Casa Papá Noel na rúa Príncipe, concertos de panxoliñas, mercadiños na rúa Londres e no Calvario, Concerto Sacro na Colegiata, café solidario, desfile de rondallas polo centro da cidade, Vigo bailará co xa tradicional flashmob da Porta do Sol, concerto de MITIC, carteiro real en Príncipe, desfile da banda de gaitas Xarabal, festa Fin de Ano en As Travesas e a Cabalgata de Reis que este ano xirará arredor do mundo do circo. Iremos informando de todos estes eventos, seguide atentos a amovida.gal!