CANS
GALAXIA

A Brincadeira arranca este venres en Bouzas con tres días de festa

Despois da Reconquista, sempre chega a Brincaideira. Na programación desta festa que arranca o venres 10 de maio destacan dous actos: a representación da expulsión dos franceses en 1809, que se celebra o sábado ás 18:30 horas e o II concurso de traxes de época, que ten como obxectivo incentivar a vestimenta histórica, que terá lugar o domingo ás 13:00 horas.

A Festa da Brincadeira, que se celebra do venres 10 ao domingo 12, honra ás persoas de Bouzas que participaron na Reconquista contra o exército francés. En especial á figura de D. Caetano Parada Pérez de Limia, fidalgo de Verín e alcalde de Bouzas durante cinco mandatos desde 1772. Coa axuda do alcalde da Vila de Vigo, Francisxo Xabier Vázquez Varela, organizaron un plan para botar ao exército napoleónica das súas vilas.

A programación inclúe actividades infantís o sábado e o domingo: taller de barro, demostración de oficios artesanais durante todo o día, exposición sobre a historia de Bouzas e atraccións. Tamén haberá numerosas actuacións musicais por todo o barrio. Na Praza da Vila de Bouzas: Grupo Anduriñas do Cristo da Vitoria; no Torreiro Eduardo Cabello: Pandeireteiras e gaitas da A.C Traspés, grupo de folk Os Cuncheiros e grupo O carballo das cen pólas; na Alameda Suárez Llanos: Gaiteiros de Pardavila, Charanga A.C Traspés, Gaiteiros Erdeiros dos Morenos, Froles Novas e grupo de gaitas Rueiro; Grupo Queixumes, O Fiadeiro, Laxe, Pandega das Teixugueiras, Tarxa, Foliada Vai Boa e Gaiteiros da ría.

Durante os tres días de celebración haberá postos de artesanía, gastronomía e demostración de oficios tradicionais.

PROGRAMACIÓN

Sábado 11

11.30 Cantareiras Atlántida de Matamá
12.30 Gaiteiros de Pardavila
13.30 Moher
14.30 Charanga AC Traspés
15.30 Gaiteiros Erdeiros dos Morenos
16.30 Froles Novas
18.30 Representación da Brincadeira
20.30 Grupo de gaitas Rueiro

Domingo 12

12.30 Queixumes
13.00 II Concurso de traxes de época (este artigo sobre a vestimenta na Reconquista pode servos de utilidade)
14.30 Laxes
16.30 ACF O Fiadeiro
17.30 Pandega das Teixugueiras
18.30 Desfile de traxes tradicionais da man de Carmen Corredera e asesorada por Begoña Martínez de O Fiadeiro
19.30 Ata o mandil Dolores
20.30 Gaiteiros da ría

Sábado 11 e domingo 12

13:30 – 21:30 Grupo Anduriñas do Cristo da Vitoria

Sábado 11

14.30 Pandereteiras AC Traspés
15.30 Gaitas AC Traspés
16.30 Rudilleira AC Traspés
17.30 Recoiro AC Traspés
18.30 Ferbellicos AC Traspés
19.30 Tarxa
20.30 O Carballo das Cen Polas

Domingo 12

12.30 Os cuncheiros
14.30 Pandereteiros AC Traspés
15.30 Barafusteiras AC Traspés
16.30 Ferbellicos AC Traspés
17.30 Rudilleira AC Traspés
18.30 Pandereteiras AC Traspés
19.30 Gaiteiros da ría
20.30 Os Ferraias da Etea

Actividades infantís (sábado e domingo)

17.00 Taller de barro (domingo)
Demostración de oficios artesanais (todo o día)
16.00 Exposición histórica de Ana Rodal sobre a historia de Bouzas
Atraccións infantís (todo o día)
Talleres de globoflexia e pintacaras

REVISTA MAIO