Naïr Natural, cosmética bio e vegana
A filosofía vegana vai moito máis aló do que comemos. Naïr Rodríguez abriu en 2016 o primeiro centro bautizado co seu nome, convencida de que a estética natural, así como a cosmética bio e vegana, podían estar ao alcance de calquera. Formouse como esteticista profesional, pero unha alerxia cutánea impediulle exercer esta paixón. Con persistencia, seguiu adiante co proxecto, centrándose na investigación de novos produtos e tratamentos, así como na supervisión dos centros, que a día de hoxe, xa son catro. Todos comparten a filosofía sostible e o respecto polo medio ambiente, o que se traduce en calidade no servizo aos clientes. Porque son moitos os factores que afectan a diario a pel, desde os cosméticos habituais, ata o estrés ou a contaminación ambiental.
O compromiso cos valores, a innovación, a honestidade, a vocación e a paixón polo mundo da estética son os piares de Naïr Natural. Sitúase á vangarda do sector da estética e achega todo tipo de tratamentos personalizados: aparatoloxía avanzada Indiba, BB Glow, manicura semipermanente bio, microblading de cellas, presoterapia, tratamento de rexuvenecemento facial, tratamentos Futura Prol… É ademais o primeiro centro de estética en Vigo especializado en peles sensibles, pel atópica e acne. A cosmética natural e bio, así como os tratamentos faciais, corporais e capilares que aquí se ofrecen, adáptanse ás necesidades concretas de cada persoa que aposte por coidar o corpo de xeito responsable.
Catro locais:
Xirona, 8
Jenaro de la Fuente, 29
Martín Echegaray, 28
Sanjurjo Badía, 121
info@nairnatural.com
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- The Wild volve en setembro como a última gran festa do verán en Vigo - 12 Marzo, 2025
- Depedro, Bewis de la Rosa e Toni Acosta esta fin de semana en Vigo - 6 Marzo, 2025
- Mesturas, recuncho doce ao estilo de Nova York - 28 Febreiro, 2025
- Revista de marzo: As mulleres do pazo - 28 Febreiro, 2025
- O certame Exeria busca relatos orixinais sobre Vigo - 21 Febreiro, 2025