Nace o I Concurso de deseño de cornetes do Magosto
Este concurso, ideado pola Asociaciñon Casco Vello Hostalería e Comercio, ten un dobre obxectivo: por un lado fomentar e impulsar a creatividade e a imaxinación; e por outro, conservar a tradición dos magostos. O 13 de novembro celebrarán unha castañada popular no marco de Toma Castaña!, o nome que recibe toda a súa programación para esta festa popular.
O funcionamento do concurso é ben sinxelo: só é preciso enviar un debuxo en A4 e en branco e negro ao correo da asociación: cascovellohosteleria@gmail.com. Por suposto, esta obra deberá ir sen asinar, para que o xurado non identifique aos autores, que deberán indicar os seus dato no correo. A temática será o magosto e as castañas, como é lóxico. O xurado estará composto pola directiva da asociación de hosteleiros e comerciantes do Casco Vello. O plazo de presentación dos debuxos comprenderá entre o 13 Octubro e o 31 de Octubro 2021. As obras deberán ser orixinais, inéditas e non estar premiadas e/ou publicadas con anterioridade. O debuxo deberá elaborarase de maneira individual polos participantes e a técnica a empregar será libre.
E que gañamos con todo isto? Ademais duns cornetes preciosos, o primeiro premio levará 300€, o segundo unha cea valorada en 50€ e o terceiro un lote de produtos. Consulta aquí as bases.