REVISTA ABRIL

Mundaya: deseño galego ao ombreiro

Lara Santomé, moañesa de nacemento e picheleira de adopción desde hai xa dez anos, é a persoa tras a marca. De pequena soñaba con ser moitas cousas: bióloga mariña, «médico de pago», filológa inglesa… pero finalmente estudou informática, deseño de interiores e deseño de produto. Nada que ver! Agora, Lara dedícase a deseñar bolsos que tampouco ten moito que ver coa súa formación, pero por fin atopou o seu sitio no mundo; poñer as súas ideas e as súas ganas en Mundaya é a súa paixón. Para Lara, cruzar en barco a Vigo, pasear o sábado pola mañá por Moaña coa nai e cos cans e coñecer sitios novos é fonte de inspiración. A vida calma fai que se encha de novas ideas para os deseños e así cumpre coas expectativas dos clientes.

REVISTA ABRIL

Mundaya comezou a súa andanza en 2018 e, desde entón e a pesar de que a vida e a historia puxérono moi difícil con pandemias, guerras, inflacións, Brexit, etc., a marca segue ofrecendo novos deseños e facéndose un oco no mercado. Desde os seus primeiros deseños, en Mundaya sempre houbo unha premisa clara: cero uso de plástico. Por iso, os tecidos da marca son sempre sostibles e o algodón e o coiro son os protagonistas. Outro dos piares da marca é facer deseños que non pasan de moda e que son sostibles non só en canto a materiais, senón tamén no tempo. Con deseños sinxelos e atemporais, que aguantan o paso das modas e materiais, que resisten o paso do tempo, os bolsos de Mundaya son para toda a vida!

Desde o seu taller rural, Lara deseña e fabrica bolsos de forma artesanal para que enchamos de cor o noso look, para que te levemos moitas aventuras ao ombreiro e para que gocemos do día a día. Utilizando materiais sostibles e preocupándose polo medioambiente, Mundaya ofrécenos bolsos, bolsas e bandoleiras para todos os gustos fabricados en algodón de máxima calidade.

Por suposto, o deseño e a orixinalidade é esencial na marca, e de entre todos os produtos queremos destacar a bandoleira ‘Bico’ (59,95 €), na que a variedade na elección de cores, a elegancia e a utilidade danse a man.

O bolso ‘Alondra’ (64,95 €) está especialmente pensado para esas persoas que van dun sitio a outro, que necesitan espazo para levalo todo sen renunciar a poñerlle un toque de estilo aos looks de cada día.

O bolso ‘Nameless’ (49,95 €) é perfecto para as persoas que lle gustan os bolsos nin grandes nin pequenos, co tamaño exacto para levar o básico e algunha cousa que poida xurdir. Ademais, permite liberdade de movementos e moita comodidade.

Se en lugar de bolso prefirimos levar as cousas nunha mochila, Mundaya ten a solución: a mochila ‘Vinka 2.0’ (74,95 €), ideal para camiñar con comodidade grazas á súa lona fina e impermeable e as súas asas axustables de coiro fana cómoda e funcional para calquera aventura.

Para rematar, un accesorio que levar dentro da bandoleira, bolso ou mochila: o estoxo ‘Monochrome’ (19,95 €), ideado para facer a vida máis fácil porque podemos gardar nel aquilo imprescindible: documentación, o móbil e os auriculares, lapis e pinturas, os básicos de maquillaxe e outros accesorios imprescindibles para o día a día.

Regala a posibilidade de encher esta bandoleira de recordos e vida e elixe Mundaya este Nadal!

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.