CAMELIAS MASCOTAS

Móllate pola esclerose múltiple chega por primeira vez a Galicia

Móllate e participa nas actividades pola esclerose múltiple que van ter lugar o domingo 8 de xullo na praia de Samil a partir das 10:30 da mañá. Haberá xogos, actividades, música e moita diversión.

A Federación Gallega de Esclerosis Múltiple (FEGADEM) e a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) organizan este domingo 8 de xullo a partir das 10:30 un evento na Praia de Samil baixo o nome de ‘Móllate pola Esclerose Múltiple”. As actividades, de carácter lúdico e familiar, terán lugar na piscina da Ponte de Rande en Samil e pretenden visibilizar e concienciar á poboación sobre esta enfermidade, ademais de recadar fondos para o mantemento destas entidades.

REVISTA NOVEMBRO

Desde que esta campaña se puxo en marcha en Cataluña alá polo 1994, máis de 900 praias e piscinas de todo o país foron protagonistas neste tipo de eventos. Esta é a primeira vez  que chega a Galicia, e o fará na Praia de Samil, na piscina da Ponte de Rande e os seus arredores.

O evento comeza ás 10:30 da mañá, coas olimpíadas molladas, unha serie de xogos acuáticos para todas as idades, como ximnasia acuática, vólei-piscina ou brilé. Dúas das actividades clave serán os chapuzóns solidarios, que serán ás 12:30 na piscina e ás 18:00 na praia. De forma simbólica, cada participante nadará unha serie de metros, que se contabilizarán e se sumarán a nivel nacional. Durante toda a xornada haberá música a cargo da Asociación Viguesa de DJ, ademais do concerto do artista local Rober Carcos.

Todas as actividades son de carácter gratuíto, mais acéptanse doazóns tanto no evento como a través da súa web. Tamén haberá postos de merchandising para recadar fondos e carpas informativas para coñecer máis sobre a Esclerose Múltiple. Outras formas de axudar son facerse socio dalgunha destas asociacións, traballando como voluntario ou participando nos distintos proxectos ou eventos que se organizan a favor desta causa.