REVISTA ABRIL

Chapuzóns dixitais contra a esclerose múltiple

A Asociacioìn Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO), celebra a campanaña solidaria Móllate pola Esclerose Múltiple. O evento, que en edicións anteriores desenvolvíase na praia de Samil, reinvéntase este ano en formato dixital, debido á crise actual provocada pola COVID-19.

Os mergullos solidarios que tiñan lugar na praia de Samil transfórmanse en brazadas e mergullos dixitais, pero mantendo o mesmo propósito, sensibilizar sobre esta enfermidade neurolóxica que afecta ao redor de 3.700 persoas en Galicia e 55.000 en España.

REVISTA ABRIL

Nesta edición AVEMPO lanza un reto solidario a nivel nacional nas redes sociais: chegar ás 1.000 brazadas dixitais usando o hashtag #Mójate2020. Para participar hai que virar a ruleta “Mójate” na web oficial, sacarse unha foto ou vídeo cumprindo o reto asignado para mollarse e compartilo co hashtag da campaña. Con cada publicación sumaranse brazadas dixitais que poderán verse no contador da web, creando unha marea de solidariedade e apoio cara ás persoas con Esclerose Múltiple nas redes.

Desde AVEMPO explican a importancia desta campaña para manter a súa actividade, posto que a asociación atópase nunha situación financiera crítica ao verse reducidos os seus ingresos pola cancelación de eventos previstos que non puideron ser levados a cabo. Por este motivo, a asociación necesita máis que nunca do apoio cidadán na campaña “ Móllate” para poder volver á normalidade e seguir axudando, informando e mellorando a calidade de vida dos afectados pola Esclerose Múltiple e a súa contorna.

Ademáis de participando na campaña Móllate, as persoas que desexen axudar a asociación, poden facelo na súa web, na que a asociación explica as diferentes formas nas que as persoas interesadas poden colaborar. Adquirir as camisetas solidarias da campaña co deseño de Katuki Saguyaki, facer un donativo ou axudar coa difusión en redes sociais son algunhas delas.