REVISTA ABRIL

30 Seconds to Mars chegan a Galicia por primeira vez

A banda liderada por Jared Leto pisará, por primeira vez na súa traxectoria, terras galegas, no que promete ser un dos concertos máis espectaculares deste ano en Castrelos. O grupo vén de sacar America o ano pasado, un disco que se afasta do son que practicaban nos seus inicios.

REVISTA ABRIL
Os irmáns Leto, os únicos que permanecen desde a fundación da banda

Moitas serán as persoas que se xunten este xoves no foso e nas gradas do auditorio de Castrelos para ver a 30 Seconds to Mars. Moitos o farán para lembrar as súas cancións da década pasada, esas que tanto éxito lles trouxeron, e outros tantos o farán polo simple feito de ver en persoa a Jared Leto, que ademais de músico é unha mega estrela do cinema hollywoodiense cun premio Oscar e un Golden Globe no seu haber.

30 Seconds to Mars (tamén podemos atopalos como Thirty Seconds to Mars, TSTM ou 30STM) é unha banda nacida en Los Angeles en 1999 e fundada polos irmáns Jared e Shannon Leto e Matt Wachter. Tres anos despois de firmar con Virgin Records sacaron o seu primeiro álbum homónimo, que incluía cancións como Capricorn (A Brand New Name) e Edge of the Earth. O segundo disco, A Beautiful Life, non tardaría en chegar, e os colocou como unha das bandas de rock alternativo con maior proxección de Estados Unidos.

Tres discos máis saíron ata a data, sendo estes This is War (2009); Love, Lust, Faith and Dreams (2013) e America (2018). Nese mesmo ano, o guitarrista desde 2003, Tomislav Milicevic, abandona a banda. Este último disco marca unha nova liña no son da banda, cunhas cancións moito máis achegadas á electrónica, ao pop e á música urbana. Non sabemos con que versión de 30 Seconds to Mars nos atoparemos, a rockeira ou a electrónica, pero seguro que o magnetismo de Jared Leto non decepcionará aos alí presentes.

(GMT+01:00) Parque Castrelos