CAMELIAS MASCOTAS

Mercado da Arte, Malú, música local e festivais variados esta fin de semana en Vigo

Coa victoria do Celta e o venres festivo a fin de semana encárase con mellor humor. Recompilamos dez plans variados entre os que atopamos mercados de libros e artesanía, o Día Internacional dos Museos, concertos de artistas locais e estatais, festivais e electrónica ou para a rapazada, etc. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

A banda Treintañeras Cañeras nun concerto | P. Vázquez

FESTIVAL DE TÍTERES – De xoves a domingo en Redondela – De balde / 7,00€

O Festival de Títeres de Redondela celebra na veciña localidade a súa 25 edición entre o luns 13 e o domingo 19 de maio. O festival ten programados máis de 70 actuacións repartidas por 13 escenarios da vila. A programación inclúe unha extensa variedade de actividades na rúa, tanto espectáculos estáticos como pasarrúas itinerantes que non precisan entrada e son gratuítas. Tamén se poderán ver dúas exposicións, unha retrospectiva da compañía galega Títeres Alakrán e unha recompilación dos 25 carteis do propio festival ao longo da súa historia. Por outra banda o Auditorio da Xunqueira acollerá un espectáculo diario nos que se desfrutará de artistas chegados de Italia, Paises Baixos ou Arxentina. Estes espectáculos requiren a compra dunha entrada por un prezo de 7,00 € para todas as idades.

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS – De xoves a domingo no Marco – De balde

O artista vigués e Premio Nacional de Música Eduardo Soutullo proxectará no Marco, por primeira vez en España, catro das súas curtametraxes polo Día Internacional dos Museos. Ademais da súa presenza, o museo olívico propón de mércores a domingo xornadas de robótica para todos os públicos e de formación para profesorado. O xoves ás 19:00 Soutullo presentará as curtametraxes na pranta baixa do Museo.

FEIRA RETROFEST – Xoves e sábado de 10:00 a 20:00 no CC Camelias – De balde

A Feira Retrofest regresa ao Centro Comercial Camelias os días 16 e 18 de maio! Adicada ás Letras Galegas, esta vez poderedes desfrutar dunha selección de productos literarios e culturais. Ademais o sábado 18 haberá dous eventos especiais no centro comercial: Contacontos en galego e taller de creación de libros con @imaxina.servizoseducativos na planta baixa ás 12:30 Cupo limitado a 15 nenos por orde de chegada; e recital poético a cargo de Carmeliña García, Premio Nacional de Declamación. Recitará poesía de autores galegos e firmará os seus libros Na procura dun sono e Antología Poética II!.

MIÚDO FEST – Xoves, venres e luns na Sala Rebullón – De balde

Do luns 14 ao luns 20 de maio a Sala Rebullón e o CSCD As Pedriñas celebran a VIII edición do Miúdo Fest ‘Un festival para persoas de mediana estatura’ dirixido a achegar a cultura galega aos máis pequenos a través de concertos e obradoiros con entrada de balde. O xoves ás 19:00 hai concerto de Magín Blanco, o venres triple actuación de Os Jalochos, Peter Punk con Brais das Hortas e Sonoro Maxín e o luns 20 obradoiro músicas galegas con Toxo Verde.

Peter Punk | Paula Cermeño

MERCADO DA ARTE – Venres de 11:00 a 20:00 no Mercado do Calvario – De balde

Nova edición do Mercado da ARTE, o 17 de maio de 2024 de 11:00 a 20:00, na Praza de Abastos do Calvario, Vigo. Durante toda unha xornada, os postos de froitas, peixe e carne convértense en expositores de arte de varias disciplinas: pintura, ilustración, cerámica, textil, xoieria, serigrafía… A entrada é de balde. Este mercado acollerá a máis de 80 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas ganas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 250 propostas. Visto o grande éxito da convocatoria, o primeiro andar acollerá máis de 18 postos onde está incluido o Mercado Textil, unha disciplina moi presente no mercado da arte para impulsar a calidade das prendas tanto confeccionadas como deseñadas da nosa comunidade, impulsando así unha economia circular e reducindo o sinal do carbono á hora de facer as nosas compras.

CONCERTO ARI Y LOS MAGRITTES – Venres ás 21:30 en La Fábrica de Chocolate – Desde 10,00€

Mateo Gil ao piano, Rober Carcos no baixo, Iria Calvo á batería e Alberto Cabadas na guitarra acompañan a AriMagritte nunha noite chea de pop e diversión.

FURIOSA FEST – Venres e sábado no Tinta Negra e Kominsky – Desde 8,00€

Creada en 2019 por Rubén Romero (Fosfatina, Maison Ruína) e José Garnelo (Pálida) coa intención de revitalizar e diversificar a escena electrónica viguesa, FURIOSA volve os días 17 e 18 de Mayo cunha programación musical que aposta pola electrónica de baile na súa vertente máis hipnótica, emotiva e elegante. O line-up, composto por Pálida, Harakiri, John Axiom, Death Wishtle, Gadus Morhua, Russinha, Juait, Diskoan, e PV3000, abarca un amplo espectro musical, viaxando desde sesións orientadas a escóitaa ata outras de puro club e pista de baile. Paralelamente á programación musical, no bar Tinta Negra terán lugar unha mesa redonda coa participación de Diskoan e Death Whistle e a organización do festival, que versará sobre “A música electrónica en espazos expositivos”, e o taller “Open Live Set” de Juanma Lodo, no que o polifacético artista abre as portas do seu estudo ao público, introduciendoles ás súas ferramentas, instrumentos e procesos.

CONCERTO GILIPOJAZZ – Sábado ás 21:00 no Sinattra Club – Desde 11,00€

Girando Por Salas trae a Gilipojazz, un power trío madrileño de Jazz-Punk con un 87,29% de música instrumental, donde también se combinan otros estilos como el Funk o el Rock Progresivo, el Metal y pinceladas de música clásica. A esta combinación de estilos tan heteroxénea hay que añadirle el humor que desprenden en sus directos y en sus videoclips, pudiendo recordar en cuanto a puesta en escena a Les Luthiers o a Tricicle.

Gilipojazz | Cedida

CONCERTO MALÚ – Sábado ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 58,00€

REVISTA NOVEMBRO

Malú celebra os 25 anos da publicación do seu álbum debut Aprendiz, cun ciclo de concertos en teatros, a través dunha viaxe polo seu catálogo de grandes éxitos. Non hai mellor maneira de festexar este aniversario que nun ambiente próximo e persoal. Malú nesta ocasión, quere achegarse ao seu público dunha maneira moi especial e crear unha atmosfera única en cada teatro que xamais volverá repetirse, para agradecer a súa fidelidade ao longo destes anos. Estes encontros serán unha viaxe musical a través do seu legado, cunha posta en escena que deixa de lado o carácter intimista, que a priori, pode resultar unha xira destas características, xa que estará rodeada de 9 músicos no escenario.

CONCERTO TREINTAÑERAS CAÑERAS – Sábado ás 21:30 na Sala Masterclub – Desde 10,00€

Treintañeras Cañeras é unha banda de rock’n roll formada en Vigo a mediados de 2017.Co final da pandemia publican o seu primeiro LP de estudo, baixo o nome Música para el programa de Bertín Osborne, co que comezan unha xira por salas co único propósito de atormentar a todo ser vivo que se lles cruce polo camiño, este novo traballo de oito cortes, define o novo estilo da banda con guitarras afiadas e voces agresivos moi persoais, viaxando do rock’n’roll máis cru ata uns tons que rozan o metal con influencias en grao sumo variadas. Agora en 2024 a banda comeza a presentar o que será o seu seguinte traballo co lanzamento de varios singles, o primeiro deles a ‘Baby Express’ e a arrancada dunha nova xira imparable.