CAMELIAS MASCOTAS

Mar de Ons lévanos ao paraíso

Cunha ampla variedade de destinos e actividades, a naviera Mar de Ons ofrece a oportunidade perfecta para gozar do sol, o mar e as estrelas desde o porto de Vigo. Podemos embarcar nunha viaxe cara a paraísos naturais como o son as espectaculares illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. As Illas Cíes, onde se atopa unha das mellores praias do mundo. Para coñecer este destino en profundidade e completar a experiencia, a navieira ofrece visitas guiadas nas que un equipo de guías amosaranos os segredos mellor gardados das illas, incluíndo roteiros de sendeirismo que nos permitirán descubrir paisaxes únicas.
A Illa de Ons é outra xoia que non podes deixar de explorar. Ons ofrécenos oportunidade de coñecer tamén praias de area dourada, cantís impresionantes e unha gran historia mariñeira. Podemos gozar dun día de relax na praia ou aventurarnos nos seus roteiros circulares en pleno Atlántico, sen esquecer a posibilidade de degustar a gastronomía local no recoñecido restaurante da illa, Casa Checho.
Para os visitantes con intereses culturales desde a navieira recomendan visitar San Simón. Esta pequena illa situada no interior da ría de Vigo está chea de historia, incluíndo no seu pasado desde un mosteiro ata unha prisión. Podemos descubrir o seu fascinante pasado, ao tempo que admiramos a beleza natural desta paraxe. Naviera Mar de Ons tamén facilita os desprazamentos cotiáns coa súa liña regular entre Cangas e Vigo. Este servizo cómodo e rápido é ideal para residentes e para turistas que desexan moverse entre estes dous puntos crave da ría.
E non só iso, desde o porto de Vigo, as Experiencias Starlight ofrecen unha oportunidade única para os amantes do ceo nocturno nunha das contornas máis privilexiadas do mundo. Desde as augas de Illas Cíes podemos vivir esta experiencia
deseñada para proporcionar unha visión única do cosmos e ofrecer aos participantes mergullarse na tranquilidade da noite da illa, afastados da contaminación lumínica da cidade. De feito, entre o domingo 11 e o martes 13 gozaremos en Galicia do fenómeno das perseidas, que poderemos observar con claridade nas rutas propostas para estos días pola naviera.

Rúa de Cánovas del Castillo, 26 | @mardeons | mardeons.com | 986 22 52 72