REVISTA ABRIL

Camping Isla de Ons, comodidade no paraíso

Coller un barco rumbo a algunha das illas tan fermosas que temos ao redor é unha moi boa opción para a temporada estival. Á volta do o cabo Home enfilamos o arquipélago de Ons, un espazo onde o verde da vexetación, o azul do mar e o branco da area se funden nun lugar único. Despois dunha xornada de sendeirismo, de praia ou de exquisita gastronomía, nada presta máis que volver ao campamento para descansar. Nada mellor para isto que o Camping Isla de Ons, o primeiro cámping autosostible de Galicia.

Cunhas instalacións modernas e coidadas, o descanso está asegurado xa sexa levando a tenda propia ou optando pola comodidade do glamping, do que o establecemento é un dos pioneiros. Esta opción conta con tendas de lona con prazas para entre dúas e cinco persoas, todas cun colchón no canto da típica combinación de esteira e saco de durmir. A zona de acampada conta con multitude de servizos para facer máis sinxela a estancia: cafetería, camiños accesibles, duchas con auga quente, electricidade, lavandería, parque infantil, ultramarinos… A localización privilexiada permite que en dez minutos a pé poidamos chegar ao faro, á area dos Cans ou ao centro da vila, onde degustar un delicioso polbo, tanto en caldeirada como á feira, entre outros produtos do mar: ameixas, navallas, robaliza, zamburiñas… Desde este lugar tamén podemos coller algunha das rutas de sendeirismo que atravesan a illa: a do norte, que nos leva ata a praia de Melide, ou a do sur, que pasa por lugares con nomes tan singulares como o Miradoiro de Fedorentos ou o Buraco do Inferno. Se preferimos descansar ao sol, temos praias dabondo para escoller: Canexol, Cans, Dornas, Melide ou Pereiro, todas son boas opcións.

REVISTA ABRIL

O bo facer da empresa serviu para que o cámping acadase numerosos recoñecementos nos últimos anos: premio especial de sostibilidade en Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, distintivo Compromiso de calidade turística, adhesión ao proxecto Galicia Destino Familiar, certificación como partner de Europarc (Carta Europea de Turismo Sostible), selo «Q» de calidade turística ou selo «S» de sostibilidade. Visita o paraíso ao son de Ons.

Ademais durante os meses de xullo e agosto o camping ofrece diferentes actividades culturais e deportivas aos usuarios. Os venres, poderase gozar dos concertos un tanto enxebres por exemplo; recitais de Poesía con performance , da man da artista Iria Medraño González, concertos de música clásica co grupo Samudra Trio, concertos de Ukelele co artisa Antón Ke, espectáculos de maxia para adultos con Meigo Noel e cantos de taberna co dúo Tabernarios, composto polos artistas Victor Movilla e Marcelo Dobode. Ademais de todos estes concertos, ofreceranse actividades de ioga e mindfulness en movemento para a redución de 0 estrés e estimulación sensorial nun roteiro guiado en plena natureza da Illa de Ons , liderada polo centro de Ioga Biyoga o 3 de Julio e o 27 de Agosto. Nas mesmas datas tamén se realizará ioga infantil para nenos de 4 a 12 anos, meditacións guiadas, yin ioga- nidra “ relaxación consciente” e Hathta ioga , un estilo de ioga de posturas e técnicas de respiración onde o seu obxectivo é crear un equilibrio entre as enerxías masculinas e femininas que existen dentro de nós mesmos.

campingisladeons.com | campingons@vioviajes.com | 986 43 35 30 | @campingisladeons