Malahostia, moda con moito xenio
Unha firma feminina que inspira os seus produtos no carácter galego cun nome moi contundente: Malahostia. Victoria Feijóo, a muller tras a marca, ten como obxectivo normalizar, dinamizar e contribuír a prol da nosa lingua. Cunha bagaxe de historia e tradición, confecciona pezas modernas para terminar co prexuízo de que en Galicia vivimos atrasados e incomunicados e que temos unha cultura revella.
Esta marca tamén quere dar a coñecer outros proxectos feitos no país, xa sexa con colaboracións ou utilizando as redes sociais a modo de revista dixital. As súas pezas, cantándolle á Candeloria, con lemas como «Dura de roer» e con ditos populares como «Outra vaca no millo» fan que os nosos armarios rezumen identidade, cultura e deseño. Unha colección para un presente perfecto.
@malahostiadesenho | malahostiadesign.com
Estela Gómez
Correctora literaria e redactora de contidos
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Volve escribir a man con Panda Bohème - 18 Decembro, 2024
- Nove ideas de regalo local - 5 Decembro, 2024
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024