CAMELIAS MASCOTAS

As entradas para as actuacións de xullo do Festival TerraCeo xa están á venda

Esta mañá anunciouse a primeira programación cultural do Concello de Vigo para este verán: o Festival TerraCeo. Los Secretos abrirán o festival o 3 e 4 de xullo e xa están confirmadas as actuacións de Pablo López Ariel Rot, Álex Ubago e Andrés Suárez durante o mes de xullo, mentres que Don Patricio e Recycled J formarán parte do cartel de agosto. O Festival TerraCeo prevé programar un total de 30 actuacións durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza superior do Auditorio Mar de Vigo.

Vigo xa ten programación de música e ocio para este verán: o Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo , un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

En total, o Festival fará pasar pola terraza do Auditorio preto de 30 intérpretes entre o 3 de xullo e o 30 de setembro. O grupo Los secretos inaugurará o TerraCeo en dobre función os días 3 e 4 de xullo. Serán os primeiros dunha longa relación de artistas que se dará a coñecer nos próximos días e que os organizadores indican que conterá nomes galegos, nacionais e internacionais. Polo de agora, as bandas confirmadas para xullo son Ariel Rot e Federico Lechner ( o24 de xullo), Álex Ubago (31 de xullo), Andrés Suárez (10 e 11 de xullo) ou Pablo López (17 e 18 de xullo). Entre os artistas xa confirmados para agosto están Don Patricio ou Recycled J.

REVISTA NOVEMBRO

Outra das vertentes do TerraCeo será o humor: o 12 de xullo, Luís Zahera inaugurará cun monólogo esta sección escénica, seguiralle Rober Bodegas o día 16 e o 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia, Noites de Retranca volve á cidade en sesión especial coa actuación nunha sola sesión de Mofa e Befa, Quico Cadaval e Celso F. Sanmartín. Ademáis, o recito contará con barra de bebidas, viños galegos e cócteles.

Manter a seguridade sanitaria será unha das prioridades dos eventos. As portas abriranse desde dúas horas antes do inicio da música, facilitando así que o público chegue de forma escalada, evitando aglomeracións e que poida gozar das vistas e da contorna e o DJ que amenizará a espera da voz principal da noite. As 400 cadeiras dispoñibles colocaranse por orde de chegada, organizando os grupos dacordo ás normativas sanitarias e de distanciamento social. Así mesmo, contarán con elementos de autoprotección e xel desifectante.

As entradas das funcións anunciadas para xullo estarán dispoñibles na billeteira dixital Ataquilla. Os prezos das entradas oscilarán entre os 12 e os 20 €

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.