REVISTA ABRIL

Saen á venda as entradas para os concertos de Castrelos

Xa están a venda as entradas para os concertos de verán en Castrelos. A falta dalgún grupo aínda por anunciar o calendario do Vigo en Festas 2018 conta xa con 8 actuacións que comezarán o día 12 de xullo coa do guitarrista Little Steven que neste vídeo convida a tódolos vigueses a pasar un bo rato con el.

Calendario de concertos e venda de entradas

12 de xullo – Little Steven ás 22:30

A man dereita de Bruce Springsteen dende tempos inmemoriais e compoñente do selecto club de artistas lendarios que foron incluídos no Rock’n’Roll Hall of Fame, a alma da E Street Band e un dos guitarristas máis carismáticos do rock estadounidense chegará o vindeiro 12 de xullo ao Auditorio de Castrelos dentro da programación de Vigo en Festas 2018.

Entradas 6€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-little-steven-vigo-2018/

21 de xullo – Serrat ás 23:00

Fai case medio século Serrat embarcouse nun fráxil barquito de papel na procura de novos horizontes e, como Ulises, tamén topou con cantos de serea, con polifemos e ciclopes, namorouse de belas nausicas e circes, descendeu ao hades, ao inferno e, despois de ter sobrevivido a aventuras e perigos, volve hoxe a casa, tal vez máis sabio e convencido que antes.

Entradas 5€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-joan-manuel-serrat-vigo-2018/

23 de xullo – Maná ás 23:00 (ENTRADAS ESGOTADAS)

Fundado en Guadalajara, México, en 1986, o cuarteto integrado por Fher Olvera, Alex González, Sergio Vallín e Juan Calleros chegou converterse no enviado global do xénero rock latino. Ten vendido millóns de cancións e álbums, e ten recibido incontables recoñecementos en diferentes países do mundo, como a Medalla ao Mérito nas Bellas Artes 2017 por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.

Entradas 10€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-mana-vigo-2018/

27 de xullo – Dorian + Zoe ás 22:30

Zoé é unha das bandas máis brillantes e explosivas da escena latinoamericana actual. Xurdidos do underground en Ciudad de México durante a década dos dousmiles, estes alquimistas do rock cósmico conseguiron un merecidísimo éxito masivo a nivel continental, que lles valeu o Grammy en 2011, premio que obtiveron polo seu MTV Unplugged, álbum que é considerado, hoxe en día, un dos mellores da historia da cadea.

Dorian lanzou esta primavera Justicia Universal, o seu novo álbum de estudo tras cinco anos sen escoitar temas novos. Singles como ‘Hasta que caiga el Sol’ o ‘Noches Blancas’ serviron para amenizar a espera deste compendio de cancións que Dorian estarán presentando en América e en España cunha xira que comeza este verán e continuará por salas en outono e ao longo de 2019.

Entradas 5€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-dorian-zoe-vigo-2018/

31 de xullo – Morat ás 23:00

Morat é unha xoven banda que atesora maxia, talento e cabeza. Formada por Juan Pablo Isaza, guitarra e voz, Juan Pablo Villamil, guitarra, baixo e voz, Martín Vargas, percusión e coros, e Simón Vargas, baixo e coros; catro colombianos cunha media de idade 22 anos. “Sobre el amor y sus efectos secundarios” é un disco moi homoxéneo, pero cunha variedade que enriquece sen perder o selo do grupo. A súa música está impregnada de raíz colombiana, pero tratada de forma moi global. Por iso o resultado é tremendamente fresco e apetece oír cada unha das súas cancións. As letras son estudadas e traballadas, con alusións a García Márquez e a Neruda. O libreto do álbum ven con “instrucciones de uso” -ao Cortázar. Un disco que relata, paso a paso e en orden, todas as facetas dunha relación romántica.

Entradas 5€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-morat-vigo-2018/

2 de agosto – Raphael ás 23:00 (ENTRADAS ESGOTADAS)

Sobre o escenario, o cantante xienense presentará temas do seu último disco, ´Infinitos Bailes´ –que inclúe composicións de artistas como Iván Ferreiro ou Vanessa Martín-, e recordará algunhas das súas cancións máis míticas e coñecidas como ´Yo soy aquél´ ou ´Mi gran noche´.

A historia discográfica de Raphael é impresionante, como o testifican os seus 326 discos de Ouro, 49 de Platino, e o único de Uranio entregado a un cantante de fala hispana no mundo por vendas de máis de 50 millóns de copias. Ten gravado máis de 50 discos de longa duración en español, así como outros en italiano, francés, alemán, inglés e xaponés.

Entradas 5€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-raphael-vigo-2018/

REVISTA ABRIL

8 de agosto – Juanes ás 23:00

A superestrela colombiana Juanes, gañador de varios premios Grammy e 23 Grammy Latinos volve a España, presentando o seu novo álbum “Mis planes son amarte” e todos os seus éxitos. O ”ex-coach” de La Voz España, ofrecerá un show único no noso país, onde amosará as súas cancións de hoxe e de sempre, co seu particular son pop-rock de guitarra eléctrica, que porá ao público en pé con ritmos contaxiosos

Entradas 6€ https://www.ticketea.com/entradas-concierto-juanes-vigo-2018/