CAMELIAS MASCOTAS

Lori Meyers disposto a ‘embraguiar’ Castrelos ao seu son

O grupo granadino de pop-indie Lori Meyers actúa mañá domingo en Castrelos. O concerto comezará ás 23:00 horas e a banda fará un repaso polos seus vinte anos de carreira e tocará algún tema inédito.

REVISTA NOVEMBRO
Lori Meyers actúa o domingo 5 de agosto en Castrelos.

Lori Meyers actúa o domingo 5 de agosto en Castrelos.

Algo teñen en común Granada e Vigo. Ambas cidades son berce dun gran número de bandas e son moitas veces nomeadas pola súa actividade musical. Unha desas bandas granadinas de referencia é Lori Meyers que mañá, domingo 5 de agosto, actuará no Auditorio de Castrelos dentro do programa de Vigo en Festas. Lori Meyers se subirá por primeira vez ao escenario de Castrelos nun show no que soarán os temas más representativos da banda. A xira ’20 años 21 canciones’ é a súa forma de celebrar que levan vinte anos xuntos.

Vinte anos dan para moito. Dende que lanzaron o seu primeiro disco ‘Viaje de estudio’ no 2004 teñen acontecido moitos cambios. Saídas, novas incorporacións, ruptura con algunhas produtoras e novos camiños. A pesar de ter vivido procesos que estiveron preto da ruptura do grupo, souberon repoñerse e chegar ao lugar onde están hoxe. Lori Meyers, integrado na actualidade por Antonio López (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), J. J. Machuca (teclados) e Javier Doria (guitarra), é recoñecido como un dos grupos pop-indie máis importantes do noso país.

Mañá en Castrelos soarán os seus temas máis coñecidos como ‘Luces de neón’, ‘Mi realidad’, ‘Emborracharme’, ‘Alta fidelidad’ ou ‘Siempre brilla el sol’. A banda tamén interpretará outros temas míticos pero menos populares como ‘Huracán’, ‘Zen’, ‘Telescopio Hubble’ e algunhas cancións inéditas. Lori Meyers reunirá en Castrelos aos amantes da música independente. O repertorio de ben seguro contará coa aprobación dos asistentes, agora só queda ver se é capaz de facer saltar e emocionar ao público de Castrelos.