CASAACUNHA

Lori Meyers pecha o cartel de concertos en Castrelos

O grupo indie Lori Meyers actuará o vindeiro 5 de agosto no Auditorio de Castrelos. Con esta nova confirmación xa coñecemos os dez grandes concertos dos que poderemos gozar no Vigo en Festas 2018 e que arrancan hoxe mesmo coa actuación de Little Steven.

Banner A Movidiña

A banda granadina, Lori Meyers, que actuarán en Vigo o 5 de agosto.

Xa coñecemos o cartel completo. O coñecido grupo de pop indie, Lori Meyers completa o cartel de Vigo en Festas e súmase aos outros nove grandes concertos anunciados para este verán en Castrelos. O grupo, orixinario de Granada, está formado por Antonio López, Alejandro Méndez, Alfredo Núñez, Miguel López, J.J. Machuca e Miguel Martín. Con 20 anos de traxectoria ás súas costas, e tras varias maquetas, asinaron o seu primeiro contrato discográfico en 2004. Desde a súa estrea, a banda cosechou éxitos como Mi Realidad, Emborracharme, El Tiempo Pasará ou Siempre brilla el sol sendo recoñecidos como unha das bandas cumes do panorama indie do pop español.

Lori Meyeres é a derradeira confirmación dos dez grandes concertos que Abel Caballero prometera para este verán en Castrelos. O programa de Vigo en Festas arranca esta mesma noite coa actuación de Little Seteven a partir das 23:00 horas. Durante un mes as rúas de Vigo encheranse de actividade non só con actuacións musicais, pois tamén haberá animación na rúa para os cativos, gastronomía, deporte e moita tradición. (Neste enlace podes consultar a programación completa de Vigo en Festas).

Con esta última confirmación o cartel de concertos de Castrelos queda así:

  • 12 xullo: Little Steven
  • 21 de xullo: Joan Manuel Serrat
  • 23 de xullo: Maná
  • 27 de xullo: Dorian e Zoe
  • 31 de xullo: Morat
  • 2 de agosto: Raphael
  • 5 de agosto: Lori Meyers
  • 8 de agosto: Juanes
  • 10 de agosto: OT (Aitana, Ana Guerra, Míriam, Cepeda e Roi)