CAMELIAS MASCOTAS

Lola Espumoso, da bodega Paco & Lola

A bodega coñecida en medio mundo polas súas botellas de lunares remata o ano brindando con Lola, o primeiro espumoso da marca. Como os seus viños, este brut está feito en Galicia con uva albariña das vides do Val do Salnés, propia da denominación de Orixe Rías Baixas. 

Lola elabórase mediante o método tradicional de segunda fermentación en botella ou champenoise: engarráfase o viño engadindo azucre e lévedos, deixándoo en rima cun mínimo de 9 meses de contacto coas lías nas botellas en posición horizontal. No caso do espumoso Lola a rima é mais prolongada, de mínimo 24 meses. Así conséguese unha mellor integración das burbullas, máis pequenas e cremosas, e aromas terciarios que recordan a pastelería, froita confeita e flores secas.

O resultado é un espumoso con matices florais e lixeiro sabor a froitos secos, que pode traer un recordo a mazapán nun contexto de burbulla fina e fresca. Para podelo catar, recomendamos ir bulindo á web, pois están á venda as últimas botellas deste elegante elixir.

REVISTA NOVEMBRO

A etiqueta de LOLA foi deseñada no estudio cambadés de Marta Lojo, consolidado como un referente no deseño de etiquetas de viño. Kike López, director creativo do estudio, pon de manifesto con este deseño a importancia de cada detalle e plasma na etiqueta de LOLA a elegancia do primeiro espumoso da cooperativa. 

https://pacolola.com

@paco_lola