VIALIA
bannerPicnicSesions
Paco Nogueiras

Paco Nogueiras: “Un rapaz non se cuestiona se o fai ben ou mal”

A radio itinerante de Paco Nogueiras chega esta fin de semana á Sala Ártika. Ofrecerá tres pases entre o sábado e o domingo, dun espectáculo interactivo no que os cativos poderán bailar, cantar e achegarse ao marabilloso mundo das ondas. Nogeuiras explícanos con detalle en que consistirá a actuación.

Paco Nogueiras

Paco Nogueiras no seu espectáculo Bule Bule

Por que escolliches a radio?
Eu de pequeno xogaba a facer radio co magnetófono e as cintas de casete, considero que é unha ferramenta de comunicación moi válida que os nenos coñecen pouco. Probablemente a pouca radio que escoitan é no automóbil cos seus pais. Non están familiarizados, faltan contidos infantís na radio.

Esta é unha radio feita para eles.
Radio Bule Bule trata temas acaídos para a xente máis miúda pero dende un punto de vista pedagóxico e divertido. Temáticas como a ciencia, o tempo, a axenda cultural. Trátase de achegar o mundo da radio a xente miúda é que eles tamén se animen a facer radio porque é un espazo marabilloso para comentar, protestar, discutir e para aprender moitas cousas.

Por que Bule Bule?
Pretende ser unha radio inqueda, que non ten parada que anda desprazándose constantemente e non ten os pés nun sitio fixo. Tamén quere transmitir esa inquedanza de ser curioso, de ser intrépido, de ser aventureiro, de cuestionarse as cousas. De ter a mente moi aberta e as orellas moi abertas.

Que se atoparán as familias que se acheguen a Ártika?
O espectáculo é un programa de radio, comezamos a emitir facemos a nosas peripecias: cuñas publicitarias, jingles, anuncios, chamadas do público… que se intercalan cos temas do libro-CD Pero pretende ser un programa no que o público teña un papel moi activo.

“O público é parte do espectáculo”

Non estarán quietos nas súas butacas?
Non. Hai momentos nos que entrevisto ao público, outros nos que pido a colaboración do público e saen ao escenario a facer radio conmigo, nun dos temas facemos unha coreografía grupal. Hai moitos momentos para que o público sexa parte do espectáculo que é algo que sempre busco.

“Gústame máis traballar con xente miúda”

Como é traballar co público infantil?
Gústame máis traballar coa xente miúda que a adulta. Os cativos son moi sinceros, con eles sabes perfectamente cando algo funciona e cando algo non. Ademais, retroalimentan moitísimo os traballos. Eles son os que fan grande, ou non, a proposta. E non teñen ningún tipo de reparo en sumarse. Un rapaz se quere bailar ou cantar non se cuestiona se o vai facer ben o mal, o fai e xa está.

REVISTA ABRIL

Como ves o panorama da música infantil en galego?
Está medrando a oferta de música infantil en galego e hai propostas moi boas. Por suposto están grandes grupos con un longo percorrido como pode ser Mama Cabra ou María Fumaça pero hai moitas outras formacións como a Gramola Gominola, Os tres tenedores, Peter Punk, Ce Orquestra Pantasma, Pablo Díaz… infinidade de opcións e todos dunha grande calidade. A música galega infantil a nivel de propostas goza dunha boa saúde.

“Os cativos castelanfalantes non teñen reparos contra o galego”

Non así o galego.
É unha evidencia a perda de falantes sobre todo nas primeiras cidades. Pero, moitísima xente que vén a ver os meus espectáculos non é galegofalante pero non ten ningún reparo en cantar cancións en galego. Temos na nosa man como galegos e como familias de facer que iso non se perda. Os cativos castelanfalantes non teñen reparos contra o galego. Nós temos que ‘aducilos’ e traelos ao noso terreo porque é un terreo marabilloso no que van aprender moitas cousas.

En moitos dos teus temas tratas tradicións galegas como o apalpador, o samaín… hai unha intencionalidade detrás?
Busco sempre temáticas acaídas para os nenos. Pero si que hai unha clara intencionalidade de poñer en valor a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións que para min é o máis valioso que hai.

(GMT+01:00) Sala Ártika


(GMT+01:00) Sala Ártika


(GMT+01:00) Sala Ártika

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.