CAMELIAS MASCOTAS

Ledicia Costas realizará un roteiro literario en Vigo

O Servizo de Cultura e Lingua, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), organiza sete percorridos literarios pola provincia, cun máximo de 50 persoas por roteiro. Estes terán lugar en Vigo, Moaña, Vilagarcía, Cuntis, Ribadumia, Tui e Bueu.

REVISTA NOVEMBRO

Este setembro teremos a oportunidade de coñecer aínda máis a historia da nosa terra e dalgunhas novelas galegas da man dos seus autores e autoras. Esta é a porposta dos Roteiros Literarios que van ter lugar en diferentes puntos da provincia de Pontevedra este mes, e nos que podes inscribirte aquí. Lembramos que cada roteiro ten un máximo de 50 prazas.

No caso de Vigo, e escritora encargada de realizar o percorrido o 15 de setembro ás 11:30 será Ledicia Costas, unha das autoras máis destacadas do panorama galego. Partindo da súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantarealizará un dobre percorrido que comezará na fortaleza do Castro: polos escenarios vigueses da novela e polos lugares que sabemos que transitou Jules Verne nas súas dúas visitas a Vigo. Ademais, Costas falará da figura de Verne, do empresario Sanjurjo Badía, de submarinos e da importancia das cidades na ficción literaria.

Os outros roteiros que atopamos na provincia son os de Moaña, as traballadoras do mar, por Xosé Daniel Costas Currás; O Xardineiro dos Ingleses, de Marcos Calveiro en Vilagarcía; Roberto Blanco Torres, por Marcos Seixo en Cuntis; Seique, quando os passeios eram morte, por Susana Sánchez Arins en Ribadumia, Meis e Barro; Tui na literatura, por Marga do Val; e Paseo literario Johan Carballeira, por Lucía Novas en Bueu.