VIALIA
bannerPicnicSesions

As recomendacións literarias dos nosos lectores e de Ledicia Costas

Non nos colle por sorpresa, pero está visto que os nosos seguidores e seguidoras son do máis lectores! Con estas máis de 30 recomendacións xa non tedes escusas para non comezar a ler un libro mañá mesmo. Lembremos que ademais das nosas librarías de confianza, temos varias bibliotecas públicas na cidade e portais en internet como GaliciaLe. Por se fose pouco, contamos coas recomendacións dunha experta de primeirísimo nivel: a escritora viguesa Ledicia Costas.

A escritora Ledicia Costas na Librería Cartabón | P. Vázquez

As vosas recomendacións

  • Un lume azul, de Pedro Feijoo
  • Infamia, de Ledicia Costas
  • O último barco, de Domingo Villar
  • Vicus, de Beto Luaces
  • El bosque de los cuatro vientos, de Maria Oruña
  • Un verán en Galicia, de Catherine Gasquoine Hartley
  • Insular, de Franco Chiaravalloti
  • Poemario de ansiedad, de R. R. Silva
  • A diagonal dos tolos e Hora Zúlu, de Santiago Lopo
  • A triloxia sobre o predetective Nemesio Castro escrita por Luis Manuel Garcia Maña, composta por : O lume de Santo Antón, Menino morreu e O grito do Iparinga
  • El guitarrista, de Luis Landero
  • Tes ata as dez, de Francisco Castro
  • A triloxía do inspector Manso, de Manuel Esteban
  • Iridium, de Francisco Castro
  • El juego de Ender, Orson Scott
  • Ritos funerarios, de Hannah Kent
  • Salvar el fuego, de Guillermo Arriaga
  • Lo que rescaté del fuego, de Verónica S. Suárez
  • Saga Millennium, de Stieg Larson
  • Soy un gato, de Natsume Soseki
  • La mística de un grano de arena, de Denis Maza
  • Carrusel, de Berta Dávila
  • Desierto sonoro, de Valeria Luiselli 
  • Velloucas e minchas, de Lorena Conde
  • Aves que veo en invierno, de Lars Jonsson
  • Triloxía La novia gitana, de Carmen Mola
  • American Psycho, de Bret Easton Ellis
  • O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris
  • La buena suerte, de Rosa Montero
  • Feliz Idade, de Olga Novo
  • Rewind, de Juan Tallón
  • Los 100 mejores discos de rock en directo, de Tito Lesende
  • Infelices, de Javier Pena

As recomendacións da experta: Ledicia Costas

Para aquelas persoas ás que lles gusten as historias que relatan vidas, recomendo Simón, de Miqui Otero, publicado por Blackie Books. Unha novela chea de personaxes deses que quedan a vivir para sempre contigo.

Para amantes da literatura infantil e xuvenil pero, sobre todo, amantes dos bos libros, recomendo Tania Val de Lumbre, de María Parr, publicada por Nórdica. Un libro tenro, divertido, sorprendente, pero, por riba de todo, un libro máxico, desas obras que abrazas coma quen abraza un ser moi querido.

REVISTA ABRIL

Un ensaio que lin ultimamente e que remexeu por dentro foi Elijo a Elena, un relato de Lucia Osborne publicado por Alpha Decay. Unha obra esgazadora que relata as consecuencias dunha violación no corpo e no cerebro da moza que a sufriu. Dolorosa e imprescincible.

Recomendo tamén Pequeñas mujeres rojas, de Marta Sanz, publicado por Anagrama. Libro que aínda non rematei mais que estou saboreando páxina a páxina. Poucas voces hai tan emocionantes, tan precisas e cun dominio da linguaxe no panorama español como a de Marta Sanz.

En lingua galega, recomendo a obra completa de Xela Arias, publicada por Edicións Xerais. Magnífica edición para achegarnos a unha poeta brutal.