La Fiesta pon á venda as entradas de León Benavente e Alejo Estivel
Ás confirmacións xa coñecidas de Love of lesbian, o 30 de xullo, e o triple concerto a cargo de Alejo Stivel, Los Limones e Mon Band, o 1 de agosto, únese a actuación de León Benavente. As entradas están dispoñibles en venda online.
Por sexto ano consecutivo o Pazo de Cea celebra ‘La Fiesta’, unha fin de semana de música indie nacional no señorial pazo de Nigrán, hoxe convertido en hotel e espazo para eventos. Os organizadores desvelaban o mes pasado que Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer, integrantes de Love of Lesbian, estarían na fiesta o xoves 30 de xullo, un día antes de facelo no Festival TerraCeo, ofrecendo un repertorio dos temas da banda en versión acústica.
Tamén coñecimos en xuño o triple concerto de Alejo Stivel, voz da extinta Tequila, vén presentar o seu novo traballo en solitario Yo era un animal; a popular banda ferrolá dos 80, Los Limones e os vigueses Mon Band. Todos eles estarán no escenario de Ceo o sábado 1 de agosto. As entradas para este concerto están desde hoxe á venda en ATaquilla por un prezo de 30€
A confirmación que pecha o cartel de tres días é a da banda León Benavente, que o ano pasado sacou disco, ‘Vamos a volvernos locos’, con moi boa acollida entre fans e críticos. Estará será a primeira oportunidade para os vigueses de escoitar o último traballo do grupo, que se fixo famoso por acompañar en directo a Nacho Vegas.As entradas de León Benavente tamén están xa á venda na billeteira electrónica A taquilla, por un prezo de 30 €.
A entrada inclúe unha cervexa e o acceso ao recinto desde ás 18:00 para aqueles que queiran desfrutar da zona gastro e a música dun DJ.