REVISTA ABRIL

León Benavente e Carolina Durante súmanse ao cartel do Barbeira Season Fest

O Barbeira Season Fest anuncia novos artistas para o seu festival, que se celebrará do 31 de agosto ao 4 de setembro en Baiona. León Benavente e Carolina Durante subirán ao escenario do festival baionés que xa confirmara as actuacións de Zahara, Maika Makovski, La Habitación Roja, Bala e Morreo, entre outros. As entradas xa se poden comprar nesta ligazón, empregando o código: AMOVIDA, recibiredes 5€ de desconto no abono ao festival.

REVISTA ABRIL

A nova edición do Barbeira Season Fest non deixará indiferente a ninguén, multiplicando a súa inversión na programación musical, o festival crece en días e en artistas con 24 xa confirmados. Tamén pretende mellorar a experiencia do público, ofertando un amplo abano de actividades e propostas para os días do festival, que se celebrará do 31 de agosto ao 4 de setembro en Baiona.

As novas confirmacións de León Benavente e Carolina Durante forman xunto cos demais artistas, un programa ambicioso e cheo de talento. Aínda queda por confirmar outro cabeza de cartel, pero de momento, estes son todos os grupos que se subirán aos escenarios: Zahara, León Benavente, Carolina Durante, La Habitación Roja, Maika Makovski, Bala, Capicúa, Anabel Lee, Emilia, Pardo y Bazán, Cora Yako, Morreo, Diamante Negro, Estrella Fugaz, Miniño, Tú peleas como una vaca, Mara Movidas, Sr. Jingles, Habitación Vudú, Eme Dj, Dj Moderno e Señora DJ.

Catro días de festival en distintos espazos e escenarios repartidos pola vila, actividades culturais e de lecer, a visibilidade do Camiño Xacobeo de costa, a hostelería local… todo iso e moito máis nun evento a non perder. As entradas xa están dispoñibles en Wegow, co código: AMOVIDA, recibiredes un desconto de 5€ na compra dos abonos.