VIALIA
bannerPicnicSesions

Barbeira Season Fest pon á venda entradas diarias

O festival de Baiona dá a coñecer o seu cartel por días e abre a a venda de entradas para aquelas persoas que queiran desfrutar dos concertos dunha única xornada. O Barbeira Season Fest celebrarase os vindeiros 27, 28 e 29 de agosto na península de Santa Marta con actuacións de 18 bandas galegas e nacionais e unha coidada sección de gastronomía á beira do mar.

REVISTA ABRIL

A terceira edición do Barbeira Season Fest volve a última fin de semana de agosto cun cartel cheo de referentes do pop máis novo a nivel galego e nacional. Ata agora, as persoas interesadas en asistir ao festival de Baiona tiñan a opción de facerse co abono para as tres xornadas que dura o certame musical, pero a partir de hoxe poderán facelo tamén para días soltos. As entradas están dispoñibles na web do festival.

A entrada do sábado 28 ten un custe de 35€ + gastos de xestións e o cartel estará formado por Viva suecia, Carlota, Marcelo criminal , Malamute, Los marcianos, La claridad e Kigns of the beach. Para o domingo seguinte, domingo 29, as entradas teñen un prezo de 25€ + gastos e os asistentes poderán desfrutar das actuacións de Ladilla rusa, Mujeres, Valdivia, Chef creador, Tronco, Aiko el grupo, La borde, Moura e Confeti de odio. Ademais de música, o Barbeira Season Fest conta cunha coidada zona gastronómica e vistas á ría desde a zona de conertos, pois a posta en valor da natureza e a busca da sustentabilidade son piares da filosofía do festival.

A maiores destas dúas sesións, o Barbeira comezará o venres, cun concerto gratuíto de Baiuca e Basanta, para o que as entradas xa están esgotadas. Se quedastes sen elas, o festival anunciaba esta mañá na súa conta de Instagram que planea ofrecer a reserva dunha segunda remesa nos próximos días.