VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Kintsugi, o novo espazo de movemento para aceptar as cicatrices do noso corpo

Kintsugi é un novo espazo situado nas inmediacións da praza de Independencia dedicado a transformar o benestar físico e emocional a través do pilates, ioga e hipopresivos. As clases, individuais ou en grupos reducidos, adáptanse a cada persoa e teñen lugar de luns a venres en horario de mañá e tarde.

O kintsugi é unha técnica xaponesa para arranxar as fracturas da cerámica que, lonxe de ocultar as cicatrices, dálles máis valor tinguíndoas de dourado. Baseandose nesta filosofía, Nieves López vén de abrir este novo espazo homónimo onde aceptar as cicatrices do noso corpo (lesións, dor, operacións, malas posturas…) a través do autocoñecemento e a conciencia corporal e sensorial. Este nome ten, ademais, un significado moi especial para a responsable, xa que no pasado traballou como restauradora arqueolóxica: “É un xeito de aunar o meu pasado e o meu presente, que é traballar cos corpos”, explica.

REVISTA NOVEMBRO

O espazo, situado na rúa Pintor Colmeiro 6, busca ser un refuxio contra o ruído e o estrés do exterior. De feito, Nieves presume de non dar o contrasinal da wifi: “Intentamos que a xente ao entrar aquí se esqueza dos dispositivos de fóra”, di. O catálogo de clases é amplo e variado: ioga (modalidades hatha e vinyasa), pilates (con máquinas, chan e tamén para embarazadas), hipopresivos (posparto e RSF, máis esixentes e ideais para gañar forza na musculutura esencial), Organics (método creado por Marta Soteras no que se utilizan materiais como elásticos, molles ou esferas) e Garuda (método creado por James D´Silva que mestura pilates, ioga e danza).

O obxectivo de Kintsugi e de Nieves é reducir o estrés e fomentar a resistencia física a través de disciplinas baseadas no movemento consciente e eficaz, que impliquen todo o corpo e tamén a mente. Os beneficios acaban por notarse na vida diaria (maior resistencia, corrección da postura corporal, máis forza…) e tamén son compatibles coa práctica doutros deportes. Kitsugi tamén conta cos servizos dunha nutricionista que ofrece propostas personalizadas, non só alimenticias, senón de descanso, ocio e contacto coa natureza. As dietas cortoplacistas non teñen lugar, xa que o obxectivo deste espazo é modificar os hábitos e pautas vitais a longo prazo.

Rúa Pintor Colmeiro, 6 | 986 51 93 84 e 639 75 94 99 | info@kintsugivigo.com | @kintsugi.vigo

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.