CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

CUBO, o novo espazo para a cultura e a creatividade

Este venres inaugurouse CUBO, un novo espazo de 90 metros cadrados para a arte situado no centro da cidade. Impulsado por Alfons Freire, CUBO é un espazo aberto ás ideas, ás artes e ás persoas, no que se poderán realizar exposicións, charlas, debates e reunións.

Vigo ten un novo espazo cultural. O seu nome é CUBO e o poderemos atopar na céntrica rúa de Doutor Cadaval. Un espazo formado por dúas salas, unha situada no baixo e a outra na entreplanta, ambas no número 17, sumando entre as dúas un total de 90 metros cadrados.

CAMELIAS NADAL

Este venres 23 de novembro CUBO abre as súas portas como un lugar de acollida da actividade cultural, social e creativa da cidade. Este espazo, promovido polo vigués Alfons Freire, ofrece as súas salas para reunións, conferencias, exposicións, debates, presentacións e calquera iniciativa artística ou social.

Aínda que a presentación foi este venres ás 19, CUBO leva xa aberta con anterioridade, e xa foron varias asociacións e entidades da cidade as que elixiron este lugar como espazo para desenvolver as súas actividades, como por exemplo Ateneo Atlántico, Os Ninguéns e o Movemento de Defensa das Pensións.

Co seu apartado para exposicións búscase a reflexións sobre as obras artísticas alí dispostas: que son, como se producen e cales son os seus fins. Na actualidade podemos visitar as obras de tres artistas galegas como Pilar Alonso, Yolanda Carbajales e Iria Vázquez, que pretenden superar a banalidade das imaxes que impera hoxe en día.