J Balvin, Pet Shop Boys, Green Day e Thirty Seconds to Mars actuarán no Son do Camiño
Despois de que Jared Leto filtrara o cartel nas súas redes sociais, O Son do Camiño, vén de anunciar gran parte dos artistas que pasarán polo Monte do Gozo do 30 de maio ao 1 de xuño. Mañá, mércores 20 de decembro, ás 13:00 h poranse á venda os últimos abonos para o festival.
O Festival O Son do Camiño confirma o cartel filtrado por equivocación por Jared Leto, vocalista de Thirty Seconds to Mars, e anuncia que mañá mércores 20 de decembro ás 13:00 h poranse á venda os abonos restantes a través da web do festival.
Como dixo o noso amigo Jared Leto… See you soon 🕺
— O Son do Camiño (@OSonDoCamino) December 19, 2023
🚨 Últimos abonos á venda mañá ás 13h en https://t.co/cIZnfvJelBhttps://t.co/CNmhA0iNnX
Así anunciaba o festival do Monte do Gozo o cartel da edición de 2024 composto por máis de corenta artistas entre os que atopamos ademais do grupo de Leto a Green Day, J Balvin, Pet Shop Boys, Myke Towers, Melendi, Reels B, Tom Odell, Ana Mena ou La Oreja de Van Gogh. A representación galega do festival corre a cargo de Baiuca, Berto, Monoulious DOP, Carlos Ares e Maryland.
Unha das novidades da edición de 2024 é que o Monte do Gozo acollerá un terceiro escenario dedicado á música electrónica polo que pasarán artistas como Trym, Vitalic (Live), Patrick Mason, Tiga, Âme, Henrick Schwarz y Kalte Liebe, Ben Hemsley, Daria Kolosova, Parkineos, Viviana Casanova, Héctor Llamazares, Cristina Tosio, Tony Varga, Bárbara Lago, Richi Risco e Karras Martínez. Desde a organización aseguran que este terceiro escenario convértese por si solo no maior festival de música electrónica do norte de España.