Imaxinatea Lab Creativo
Imaxinatea é unha escola de teatro en Vigo que neste verán de 2024 desenvolverá un campamento de verán para nenos e nenas, nas dúas primeiras semanas de xullo: do 1 ao 5 de xullo e a semana do 8 ao 12 de xullo.
A idade dos nenos que poden asistir a este campamento será entre os 6 e os 14 anos. Da man da súa docente Eva Vila, adestrán o corpo e a voz como instrumentos de comunicación, descubrirán a expresión corporal, desenvolverán súas capacidades creativas, coñecerán a técnica da improvisación para achegarse ao xogo teatral, e se niciarán na práctica escénica.
O campamento terá lugar de 10:30 a 13:00 nas instalacións desta escola de teatro en Vigo, concretamente na Praza Francisco Fernández del Riego Núm. 3- Local 5C (traseira).
Para máis información preme aquí
Contidos do campamento:
- Xogos de creatividade.
- Exercicios de desinhibición.
- Relaxación e expresión corporal.
- Xogo vocal
- Improvisación.
Cales son os beneficios do teatro?
O teatro ofrece unha gran forza no proceso de formación das persoas. O teatro é unha boa ferramenta para deixar atrás o individualismo e desenvolver o traballo en equipo.
Pódese xustificar a influencia positiva da práctica teatral no proceso educativo a través do desenvolvemento dos seguintes aspectos:
- Permite o desenvolvemento harmónico da personalidade.
- Facilita a socialización e o traballo en grupo.
- Constitúe unha base para a expresividade.
- Desenvolve a sensibilidade estética.
Outros cursos que tamén ofrece Imaxinatea
Imaxinatea non só ofrece un campamento para nenos no verán, senón que tamén ofrece un curso teatral de verán para adultos. Será nas dúas primeiras semanas de xullo, a semana do 1 (do 1 ao 5 de xullo) e a semana do 8 (do 8 ao 12 de xullo), de 20:00 a 21:30.
Xa están abertos os prazos para matricularse nos cursos 2024-25 para nenos, adultos e avanzados e, ademais, se te matriculas antes do 19 de xullo, ofreceráseche un desconto do 30%. Soamente terás que mandar un correo a Imaxinatea para matricularte antes da data límite do desconto.
Cursos nos que se aplica este desconto: Formación teatral para nenos, Teatro básico e Formación teatral avanzada
Resumo
Un curso orientado á rapazada con interese en coñecer o mundo do teatro e así descubrir habelencias dramáticas e interpretativas. O xogo teatral a través da técnica da improvisación é unha excelente fórmula para un desenvolvemento cognitivo e social moi saudable.
Datas: 1 a 5 e 8 a 12 de xullo
Horario: 10:30 a 13:00 h
Idade: 6 a 14 anos
Prezo: desde 135,00 € semanais
Praza Francisco Fernández del Riego Núm. 3 – Local 5 C | contacto@imaxinatea.es | 986 12 00 24 | 685 85 20 15