CANS
XERAIS

Imaxinatea Lab Creativo

Imaxinatea é unha escola de teatro en Vigo que neste verán de 2024 desenvolverá un campamento de verán para nenos e nenas, nas dúas primeiras semanas de xullo: do 1 ao 5 de xullo e a semana do 8 ao 12 de xullo.

A idade dos nenos que poden asistir a este campamento será entre os 6 e os 14 anos. Da man da súa docente Eva Vila, adestrán o corpo e a voz como instrumentos de comunicación, descubrirán a expresión corporal, desenvolverán súas capacidades creativas, coñecerán a técnica da improvisación para achegarse ao xogo teatral, e se niciarán na práctica escénica.

O campamento terá lugar de 10:30 a 13:00 nas instalacións desta escola de teatro en Vigo, concretamente na Praza Francisco Fernández del Riego Núm. 3- Local 5C (traseira).

Para máis información preme aquí

  • Xogos de creatividade.
  • Exercicios de desinhibición.
  • Relaxación e expresión corporal.
  • Xogo vocal
  • Improvisación.

O teatro ofrece unha gran forza no proceso de formación das persoas. O teatro é unha boa ferramenta para deixar atrás o individualismo e desenvolver o traballo en equipo.

Pódese xustificar a influencia positiva da práctica teatral no proceso educativo a través do desenvolvemento dos seguintes aspectos:

  1. Permite o desenvolvemento harmónico da personalidade.
  2. Facilita a socialización e o traballo en grupo.
  3. Constitúe unha base para a expresividade.
  4. Desenvolve a sensibilidade estética.

Imaxinatea non só ofrece un campamento para nenos no verán, senón que tamén ofrece un curso teatral de verán para adultos. Será nas dúas primeiras semanas de xullo, a semana do 1 (do 1 ao 5 de xullo) e a semana do 8 (do 8 ao 12 de xullo), de 20:00 a 21:30.

Xa están abertos os prazos para matricularse nos cursos 2024-25 para nenos, adultos e avanzados e, ademais, se te matriculas antes do 19 de xullo, ofreceráseche un desconto do 30%. Soamente terás que mandar un correo a Imaxinatea para matricularte antes da data límite do desconto.

Cursos nos que se aplica este desconto: Formación teatral para nenos, Teatro básico e Formación teatral avanzada

Un curso orientado á rapazada con interese en coñecer o mundo do teatro e así descubrir habelencias dramáticas e interpretativas. O xogo teatral a través da técnica da improvisación é unha excelente fórmula para un desenvolvemento cognitivo e social moi saudable.

Datas: 1 a 5 e 8 a 12 de xullo
Horario: 10:30 a 13:00 h
Idade: 6 a 14 anos
Prezo:
desde 135,00 € semanais

Praza Francisco Fernández del Riego Núm. 3 – Local 5 C | contacto@imaxinatea.es | 986 12 00 24 | 685 85 20 15

REVISTA MAIO