VIALIA
bannerPicnicSesions

Clases gratuítas de teatro en Imaxinatea Lab Creativo

A escola de teatro en Vigo Imaxinatea Lab Creativo ofertará do 20 ao 22 de setembro unha serie de clases gratuítas tanto para nenos e nenas como adultos. O centro educativo propón tamén unha sesión de técnica vocal de balde dentro destas xornadas de portas abertas.

En Imaxinatea entenden o teatro dunha forma poliédrica: como ferramenta pedagóxica e de comunicación, como profesión, como terapia ou como medio de concienciación social. As clases ofertadas por esta escola de teatro en Vigo situada á beira da Plaza Elíptica inciden na importancia do traballo en equipo e na necesidade de esquecerse das individualidades. Para favorecer que todo o mundo teña acceso a esta disciplina, do 20 ao 22 de setembro ofrecen unha serie de clases de teatro (máis unha de técnica vocal e outra de creación de cómic para crianzas) gratuítas para todas as idades, impartidas por Sergio Macías e Eva Vila. A de cómic, impartida por Óscar Gordón, será o mércores 21 ás 18:00 e a de técnica vocal, a cargo de Najla Shami, o luns 26 ás 19:00. Para inscribirse só é necesario enviar un email a contacto@imaxinatea.es especificando o taller en cuestión, nome e idade.

REVISTA ABRIL

A formación teatral presencial permanente que vai desde outubro a xuño consta de cinco bloques: dramatización (4-8 anos); formación teatral básica para nenos e nenas (8-12 anos), adolescentes e adultos e formación teatral avanzada. Premendo aquí poderás consultar todos os cursos: anuais, monográficos, online… Outros dos servizos que ofrece Imaxinatea é o de preparación para as probas de acceso ás Escolas Superiores de Arte Dramática da man de expertos docentes na materia; e o de coworking artístico, como espazo para traballar, impartir unha formación, facer unha reunión, unha exposición, unha proxección, un casting…

Imaxinatea Lab Creativo adaptouse ás novas tecnoloxías cunha formación teatral tamén en liña, dirixida a afeccionados e profesionais. Estas clases virtuais desenvólvense a través de Actinghelps, unha plataforma educativa de teleformación internacional, que dá continuidade á experiencia en formación artística e creativa da escola. Actinghelps conta con cursos especializados en materias como Audition Techniques for Actors in English, Dirección de escena, Dramaturxia e Interpretación Textual.

O próximo 15 de setembro ás 20:00 terá lugar a inauguración da III edición da mostra colectiva Expolab, un espazo expositivo temporal destinado tanto a afeccionados como a profesionais das artes escénicas e audiovisuais que co título Viaxe a un mundo mellor? fará reflexionar e participar activamente ao espectador en conceptos como fronteira, distancia, segundas oportunidades… Aproveitando as posibilidades do espazo para a performance , Unha viaxe de 10´ coa refuxiada ucraína, da creadora e directora audiovisual Oleksa Bartka, mergúllanos nunha viaxe inesperada e obrigada pola guerra no seu país. Unha viaxe ao interior dun mesmo, da artista plástica Daniela Soltau, móstranos a forza das artes como terapia. Unha viaxe á papeleira, da deseñadora de moda e complementos Mónica Soto, ensinaranos a darlle unha segunda oportunidade a obxectos, pezas obsoletas e sobrantes da industria textil, creando accesorios de moda únicos. Por último, Unha viaxe aos Pireneos, do fotógrafo e creador audiovisual Andrés Conde, fotografía, fanzine e curta que nos mostran por que percorreu 2026 quilómetros o ano pasado. A mostra contará coa colaboración de Aldeas Infantiles, SOS. PAra asistir é preciso enviar un email previamente a contacto@imaxinatea.es.