UVIGO
FILLOAS

Ideas para pasalo de medo este Samaín

A celebración de Samaín e o Halloween aglosaxón collen cada vez máis forza en Vigo e son moitos os locais que se lanzan a programar actividades relacionadas con esta festividade. Sin ben é certo que a maioría de opcións van destinadas ao público familiar, tamén hai propostas para os adultos. (Preme no título de cada evento para ampliar a información)

PLANS DE SAMAÍN EN FAMILIA:

Centro Comercial Camelias
Catro días de festa é a proposta do Centro Comercial das Travesas. O sábado 28, luns 30, martes 31 e xoves 2 de novembro haberá todo tipo de actividades: karaoke, desfile terrorífio, pintacaras, escape room e tamén varias actividades para afondar no Día de Mortos á mexicana.

A Cultural de Bouzas
Convídannos a coñecer que lle aconteceu ao mago Paco ao entrar na casa encantada… Tamén haberá música, tattos e procesión terrorífica. Por mor da climatoloxía a festa terá lugar no Liceo en lugar da Alameda pero desde a asociación aseguran festa e convidan a que vaiamos disfrazados.

Hotel Transylvania
En Teis podemos asistir a este espectáculo terroríficamente divertido que vai ter lugar o sábado no Centro Cívico de Teis.

Vialia
Pintacaras monstruoso e o tradicional ‘truco trato’ son as propostas do centro comercial da estación para o martes 31. O xoves haberá un desfile de catrinas e catrines, ao máis puro estilo mexicano.

Travesía
Esta semana o Centro Comercial da zona de teis instalou na planta alta un photocall terrorífico elaborado con elementos de reciclxe. O martes 31 pola tarde teñen preparadas diferentes actividades de manualidades para os pequenos da casa e un taller de pintacaras para que saír convertidos en verdadeiros monstros.

Mapis
Os máis pequeniños tamén poderán gozar desta festividade en Mapis. Na tenda de puericultura da rúa Pizarro teñen preparadas actividades sensoriais e manipulativas para bebés. É necesario inscribirse para poder participar.

O Calvario
Exposición de cabazas no mercado, pasarrúas e actuacións musicais é a proposta da Asociación do Calvario para o martes 31.

Actividades en Navia, O Calvario, praza da Independencia e Príncipe
O Concello organiza dúas xornadas de festa, martes 31 e mércores 1, en diferentes barrios da cidade, nos que haberá contacontos, actuación infantís e concertos. Tamén haberá pasarrúas ao longo da rúa do Príncipe ata a Porta do Sol.

Vigozoo
Para o día de Santos hai varias actividades preparadas no alto da Madroa. Vigozoo organiza un contacontos terrorífico, visitas a nocturama e o exotarium e unha actividade de construcción dunha cabaza con pezas Lego. Para participar nestas actividades é necesaria inscrición previa.

Sala Rebullón

Brais das Hortas trae os seus Contos para caghar patatillas. Contadas cheas de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Zona Náutico

A agrupación de comerciantes da Zona Náutico celebran Halloween con pintacaras en tres localizacións: Porta do Sol, Rosalía de Castro e Praza de Compostela. Despois haberá ronda de truco ou trato polos comercios asociados.

Cabral

Festa de disfraces, animación, música, desfile e xogos no CCR Cabral o mércores 1 de novembro a partir das 17:30.

PLANS DE SAMAÍN PARA ADULTOS:

O Lar das Artes
O martes 31, o asador cultural de Matamá propón unha cea espectáculo, con show de maxia, concurso de disfrades e música a cargo de DJ Límón.

Puro Delirio
O restaurante de Teófilo Llorente leva todo o mes convertido nun terrorífico cemiterio. A noite do venres, o sábado e o martes 31 (con dúas quendas cada día) podemos gozar dunha cea con espectáculo de terror no que o dono do cemiterio, unha novicia abandonada, ou a propia morte farán que o pasemos terriblemente ben.

Visitas a Pereiró
Como cada ano por estas datas, a partir do luns volven as visitas guiadas e teatralizadas ao ceminterio de Pereiró. Personaxes ilustres enterrados aquí, como Concepción Arenal, Irene de Ceballos (muller de Policarpo Sanz), Bernardo González del Valle (Cachamuíña) e María de los Milagros Elduayen (Marquesa de Valladares), exercen de guías.

‘Quién no es bruja’?
O martes 31 de outubro o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) acolle a presentación do libro ‘Quien no es bruja? o ‘brujesco’ nas representacións audiovisuais do século XXI

O ritual del Constace Hurlé

O Burbia acollerá a performance ‘O Ritual’ de Constance Hurlé con motivo da noite das Bruxas. ‘O Ritual’ trátase dunha peza de pequeno formato onde a artista nos convida a formar parte dunha pequena ceremonia través da poesía, a danzateatro e a bruxería evocando ao colectivo W.I.T.C.H para reivindicar a arte como motor de cambio social. 

Concertos

CAMELIAS NADAL

La Fábrica de Chocolate propón dobre sesión de rock en galego con The Lelli Kelly’s e Exeria; pola súa banda, a Cantina Candela programa tres actuacións: The Katolicos, LoraHacePam e Europeos Pálidos; Stasia Momento actuará no Pub Transylvania; por último, o recén reinaugurado El Contrabajo tráenos o directo de Los Bóvidos.