REVISTA ABRIL

Samaín en Bouzas

28out17:00Samaín en BouzasPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+02:00) Liceo Marítimo de Bouzas

Detalles do eventos

Xa está aquí o outono e con el O SAMAÍN, unha festa que a Cultural de Bouzas vén celebrando desde hai anos na Alameda de Bouzas, pero que pola metereoloxía este ano terá lugar no Liceo.

A tarde do sábado 28 de outubro a partir das 17:00 h tedes unha cita co mundo das meigas, cabazas, zombis, vampiros…  Desde a asociación animan a ir disfrazado/as e con ganas de pasalo de medo.

Ás 17:30 h, Charlatana Cultural presenta un espectáculo terroríficamente divertido: ‘A Casa Encantada’, dirixido aopúblico infantil e familiar, no que descubriremos que lle ocorreu ao Mago Paco o día que entrou na Casa Encantada.

Haberá música, tatoos e se se pode, procesión terrorífica polo casco vello de Bouzas.

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+02:00)

Localización

Liceo Marítimo de Bouzas

Rúa de Eduardo Cabello, 8, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events