CANS
XERAIS

Samaín no Centro Comercial Camelias

28out16:00Samaín no Centro Comercial CameliasPEQUERRECHOS | De balde16:00(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

Tras o éxito do ano pasado o Centro Comercial Camelias ten preparadas unha manchea de actividades para gozar do Samaín en familia: karaoke, desfile terrorífio, pintacaras, escape room e tamén varias actividades para afondar no Día de Mortos á mexicana.

SÁBADO 28 OUTUBRO:
16:00 h – CAMELIAS XOGA: Xogos de mesa para toda a familia da marca OLD TEDYY´S COMPANY
Con Rony Macarroni
18:00 h – Karaoke
19:00 h – DESFILE TERRORÍFICO con obsequios para os participantes e sorteo de dous vales de 100 euros en compras e un de 50 euros en compras.
20:00 h – FLASHMOB coa canción Thriller de Michael Jackson.

LUNS 30 OUTUBRO:
Pola mañá a Asociación de Mexicanos en Galicia empezará a colocar os ALTARES DE MORTOS na planta alta e van colocar fotos para unha exposición fotográfica de costumes mexicanas no Día de Mortos en MÉXICO (todo isto quedará exposto ata o día 6 de novembro).

MARTES 31 OUTUBRO:
18:30 – Pintacaras de monstros terroríficos, que estará situado ao final do Corredor do terror, diante de TERRA VENTURA. A partir das 18:30 e outro pintacaras no local de Alicia Gil, que fará caracterizacións para Samaín.
18:00 h – Taller Monsterchef (merenda terrorífico) planta baixa.
21:00 h – Escape Room Terrorífico en colaboración coa Academia Kairos..

XOVES 2 NOVEMBRO:
19:00 h – Día de mortos á mexicana, en colaboración da Asociación de Mexicanos en Galicia. Coas seguintes actividades:
-Charla explicativa da ofrenda que se fai no altar de mortos que vai estar dedicado aos personaxes infantís Mamá Coco e Familia.
-O personaxe da Catrina será o convidado especial do Centro Comercial ese día.
-Actuación desde as 19:00 ata as 21:00 horas dos Mariachis Vigo porque para os Mexicanos o día dos Mortos é unha festa.

Máis

Hora

(Sábado) 16:00(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events