Guía de actividades polo Día das Letras Galegas en Vigo
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á poesía popular oral coa finalidade de recoñecer a importancia a tradición non escrita, que acompaña á nosa sociedade desde sempre. Por este motivo, Vigo ofrece unha chea de actividades relacionadas con esta celebración ao longo da semana, como concertos, foliadas e obradoiros para os máis pequenos.

Este ano, A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Pese á prohibición da lingua galega nos textos escritos a partir do século XVI, a poesía oral mantívose viva ó longo do tempo, canda a lingua, fóra das canles oficiais e case por completo da letra impresa. A súa actitude de espontaneidade, tolerancia, desorde e certa despreocupación pola forma valeulle normalmente unha valoración negativa desde os estratos sociais que procuraban unha cultura baseada no coñecemento da cultura clásica, a disciplina e o acatamento ás formas. E a distancia entre ambas foi aumentado por mor da difusión da imprenta, a escolarización e a urbanización. Deste xeito, fluíu como unha corrente subterránea alternativa á denominada literatura “culta”, propia das clases subalternas que a compuxeron e a fixeron medrar. É a oralidade o seu medio de expresión e transmisión, amais do seu carácter colectivo. Desenvólvese no contexto das foliadas, celebracións da fin dos traballos agrícolas, con música e baile, ao xuntarse a xente arredor de cantadoras e pandeireteiras. E foi fundamental no rexurdimento da literatura galega e no seu desenvolvemento posterior. As mulleres foron figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura
Vigo ofrece unha chea de actividades e foliadas tanto para os máis cativos como para os adultos, coa finalidade de celebrar o Día das Letras Galegas por todo o alto. Preme en cada evento para ver máis información.

CONCERTOS
- Actuacións da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional – Mércores 14 ás 19:00 horas diante do Museo MARCO.
- Charla e actuación das Cantareiras de Toutón e da agrupación xuvenil de O Fiadeiro Mouchiñas – Xoves 15 ás 18:30 horas en El Corte Inglés.
- Concerto de Francisco Castro, Poesíacordes – Xoves 15 ás 18:45 horas no Centro Comercial A Laxe.
- Actuación da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional – Venres 16 ás 12:00 horas na Praza do Rei.
- Concerto de Francisco Castro – Venres 16 ás 19:00 horas na Biblioteca Juan Compañel.
- Sesión de regueifa – Venres 16 ás 20:00 horas en Évame Oroza.
- Celebración do XIX Festival das Letras Galegas de Lavadores coa actuación Coral Lembranzas Galegas de Lavadores e Pandeireteiros Traspés, e máis actividades – Venres 16 e sábado 17 no AVCD Lavadores.
- Espectáculo poético musical CANTIGAÉVERSO, de Castro & Welicki. – Sábado 17 ás 12:00 horas na Porta do Sol.
- Celebración do XIX Festival das Letras Galegas en Beade coa actuación de numerosos concertos da coral polifónica – Sábado 17 ás 19:00 horas no Auditorio CSCR de Beade.
- Actuacións Escola de Acordeón Monte da Mina e Grupo Tarxa – Sábado 17 ás 19:00 no auditorio da Asociación Monte da Mina.
- Homenaxe á Arpa Celta da Orquestra Folclórica de Galicia SonDeSeu – Sábado 17 ás 20:30 horas no Teatro Afundación – Desde 13,60 €
- Alberto Cunha e Eladio Santos cun repertorio especial polas Letras Galegas – Sábado 17 ás 22:00 horas en La Pecera.
- De raigame galega con Unión Musical de Valladares – Sábado 24 ás 20:00 horas no Auditorio CVC Valladares.
- Concerto Coral que contará coas actuacións do Coro Infantil San Roque A Paz, a Coral Polifónica San Roque e a Coral Polifónica do CVC de Valladares – Sábado 31 ás 20:00 horas no Auditorio CVC Valladares.
FOLIADAS
- Foliada – Venres 16 ás 18:00 horas na Praza da Industria.
- Concerto de pandeireta dos grupos Axóuxeres, Ata o mandil Dolores e A foliada Vai Boa – Venres 16 ás 18:00 horas en Libros para soñar.
- Pandeireteiras de A Buxaina – Venres 16 ás 19:30 horas na Biblioteca Neira Vilas.
- Marcha popular – Sábado 17 ás 10:00 horas na Av. Praza da Miñoca.
- X Edición do Día das Letras Galegas en Bouzas co grupo Pandeireteiras do Colexio Atlántida, a asociación Ardelume Baíña e as Cantareiras Ghandainas – Sábado 17 ás 12:30 horas na Alameda de Bouzas.
- Festa das Letras Galegas en Freixo con xogos tradicionais, cantareiras e música folk – Sábado 17 desde ás 17:00 na Biblioteca de Freixo
- Concentración de pandeireteiras – Sábado 17 ás 18:00 horas en Coia.
- Pandeireteiras de A Buxaina – Sábado 17 ás 19:00 horas en Coruxo.
- Día das Letras Galegas en Valladares coa actuación de Cantareiras de Alba Mouchiñas & Caramuxos de A.C.F. Ou Fiadeiro – Sábado 17 ás 20:00 horas no Auditorio CVC Valladares.
- Día das Letras Galegas en Cabral coas actuacións do Grupo Loureiro Verde do C.C.R Cabral, grupo de pandeiretas Xoltra da Asociación De Veciños Feira De Cabral e grupo folk Arcordecans de Porriño – Domingo 18 ás 18:30 horas no CCR Cabral.
INFANTIL
- Contcontos e obradoiro – Venres 16 de 17:00 a 19:00 horas en Ciudad Aventura.
- Función de contos, cantos e bailes Unha noite no muiño… – Venres 16 ás 18:00 horas na Biblioteca Juan Compañel.
- Obradoiro de creación e decoración de pandeiretas artesanais (menores de 7 anos acompañados por un adulto) – Venres 16 de 18:00 a 19:30 horas en ArteSá – Desde 8,00 €
- IX Edición do Festival Miúdo Fest – Sábado 17 a partir das17:00 horas e domingo 18 ás 18:00 horas na Sala Rebullón – Sábado de balde e domingo 6,00 €
ACTIVIDADES PARA O COCO
- Presentación de Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras – Mércores 14 ás 20:00 horas en Évame Oroza.
- Proxección de Dorothé na vila – Xoves 15 ás 20:00 horas en Évame Oroza.
- Visita guiada ao Museo Francisco Fernández del Riego organizado por ArteSá – Venres 16 ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura – 5,00 €.
- Coloquio A muller nas letras galegas con Cynthia Menéndez – Venres 16 ás 18:00 horas en El Corte Inglés.
- Recital de poesía en galego en formato micro aberto – Venres 16 ás 20:00 horas en ArteSá.
- Coloquio O legado das cantareiras con María Lado, Patricia S. Seoane e Alba Faro como parte do Club Faro – Venres 16 ás 20:00 horas no MARCO.
- Mercado da Arte do Calvario con textil, cerámica, xoiería, ilustración, fotografía, libros, proxeccións, obradoiros e música en directo – Sábado 17 de 11:00 a 20:00 horas no Mercado do Calvario.
- Pasen i escoiten! Pasen i lean!, lectura pública de textos que teñen como fío condutor o Día das Letras Galegas – Mércores 21 ás 19:00 horas na Biblioteca Neira Vilas.